Vigo, Galicia
Galicia General

La Xunta elimina un punto de vertido de aguas residuales en el ayuntamiento de Redondela hacia la Ría de Vigo

Técnicos do Programa de Control de Vertidos de Augas de Galicia localizaron a achega irregular nunha inspección rutineira

As mostraxes confirmaron a existencia de contaminación, identificando a orixe nun sistema de recollida e tratamento de augas no lugar de Soutoxuste, que vertía cara a un regato que desemboca na ría

Os inspectores constataron recentemente que as actuacións realizadas na rede municipal permitiron a emenda do vertido

A Xunta eliminou un punto de vertido de augas residuais urbanas na parroquia do Viso, no concello de Redondela, cara á ría de Vigo.

Esta achega irregular foi localizada no marco das inspeccións rutineiras de seguimento levadas a cabo polos técnicos do Programa de Control de Vertidos, dependente de Augas de Galicia, no ámbito territorial da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa, de competencia autonómica.

Os técnicos da Xunta desprazados á zona localizaron a orixe da afección nun sistema de recollida e tratamento de augas residuais asimilables a urbanas no lugar de Soutoxuste, cuxo efluente se vertía cara a un regato que desemboca na ría de Vigo.

As mostraxes efectuadas na zona reflectiron un grao de depuración insuficiente para acadar os valores de calidade exixidos para o seu vertido cara ao dominio público.

Augas de Galicia comunicoulle a situación ao Concello de Redondela para que procedese a adoptar as medidas necesarias para emendar a achega contaminante.

Nunha nova visita á zona, os técnicos da Xunta verificaron, mediante analíticas no lugar identificado previamente, que as actuacións levadas a cabo para a modificación da liña de depuración municipal permitiron a emenda do vertido.

Deja una respuesta