O pasado luns 22 de maio ás 13:00 horas, unha representación das ANPAS de Teis, celebramos unha
xuntanza co concelleiro de Educación Gorka Gómez e a candidata a concelleira Olga Alonso, para tratar
sobre a situación do proxecto da biblioteca de Teis.
Esta xuntanza era para mantela con Abel Caballero, Alcalde de Vigo, pero por moƟvos que descoñecemos
na mesma non esƟvo presente, delegando no concelleiro de Educación, Gorka Gómez.
Os colecƟvos de Teis, levamos anos solicitando unha xuntanza con Abel Caballero, para tratar sobre a
demanda dunha biblioteca para Teis.
Despois de 9 anos do compromiso de construír unha biblioteca para Teis, informóusenos que aínda o
pasado 5 de maio deste ano procedeuse á compra do edificio onde se situará a biblioteca e que está
previsto a realización do proxecto nos próximos meses para empezar a construción a principios do ano
2024.
Nesta xuntanza confirmouse que o goberno municipal carece dun proxecto para a biblioteca de Teis e que
non hai uns prazos reais para a construción da biblioteca. Tampouco confirmaron que a biblioteca fora a ter
libros, como vimos demandando, pois non aceptamos unha simple sala de lectura.
O goberno municipal leva anos anunciando a remodelación deste edificio, o úlƟmo anuncio é que as obras
comezarían en 2021 para estar en funcionamento en 2022. O Alcalde, anunciou o proxecto da biblioteca xa
en 20 ocasións.
Os colecƟvos xa estamos cansos de anuncios, infograİas e enganos, pois como se acaba de confirmar está
semana a biblioteca de Teis, a día de hoxe só é un anuncio.
Solicitamos ser informados de todos os pasos próximos e ser parơcipes do proxecto para poder unificar
ideas e expoñer as necesidades que Teis ten como barrio, para así lograr que a biblioteca sexa un espazo de
dinamización para todos os veciños.
Aínda que a esta reunión só fomos por peƟción do alcalde unha representación das ANPAS, esta peƟción de
biblioteca está apoiada pola Asociación de Veciñal de Teis e Voces polo litoral, as cales levan moitos anos
loitando por conseguir a biblioteca.
Vigo
Las ANPAS y la Asociación de Vecinos denuncian que el gobierno municipal, confirma que después de 9 años, aún no hay proyecto de la biblioteca de Teis.
- mayo 26, 2023
- 0 Comentarios
- hace 3 años
