Vigo, Galicia
Vigo

La Xunta remite al Ayuntamiento de Vigo la licencia el proyecto básico del instituto Domingo Villar de Navia

Segue avanzando nos últimos trámites dun proxecto cuxo investimento ascenderá a 19M€, un 36% máis do previsto

Desde que se contrate a obra e se conte coa licenza municipal, a actuación terá un prazo de execución de 24 meses

A Xunta de Galicia vén de remitir no día de hoxe ao Concello de Vigo, para concesión de licenza, o proxecto básico para a construción do Instituto IES Domingo Villar, no barrio de Navia. Desde que se contrate a obra e se conte coa licenza municipal, o prazo de execución será de 24 meses.

A pasada semana, o Consello da Xunta informou o proxecto básico realizado pola Unión Temporal de Empresas Iglesias Veiga Arquitectos e Mestura Arquitectos. Agora, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP envíao ao Concello coa finalidade de obter a preceptiva licenza de obra, coa finalidade de gañar tempo e compaxinar os últimos trámites para comezar o antes posible a construción. Mentres, ultima o proxecto de execución co obxectivo de licitar, adxudicar e comezar as obras en 2025.

O instituto, o primeiro de Galicia deseñado seguindo os parámetros académicos, tecnolóxicos e de sostibilidade recollidos no Plan de nova arquitectura pedagóxica, conta cun investimento de 19M€, un 36% máis do previsto. Terá capacidade para arredor de 700 alumnos de ESO e Bacharelato e ocupará unha superficie total de preto de 8.200 m², divididos en edificio principal de aulario, ximnasio, espazos complementarios e biblioteca.

Deja una respuesta