Publícase a resolución provisional do programa, cuxos docentes se incorporarán ás aulas nos vindeiros días, cumprindo o calendario previsto no marco do Plan MEGA
A Xunta de Galicia vai reforzar o plantel de profesorado en 31 centros educativos de Vigo a través do programa PROA+, a segunda das medidas do Plan MEGA de mellora educativa de Galicia, que chegará a case 300 centros de toda Galicia.
O departamento educativo do Goberno galego vén de publicar a resolución provisional deste programa, segundo o cal na cidade olívica van dispoñer de reforzo docente un total de 18 centros de Infantil e Primaria, nove institutos de Educación Secundaria, tres centros de Educación Primaria e unha Escola de Educación Infantil que se detallan a continuación:
| CEIP Altamar |
| CEIP da Igrexa-Candeán |
| CEIP de Chans-Bembrive |
| CEIP de Fonte Escura |
| CEIP Eduardo Pondal |
| CEIP Plurilingüe Frián-Teis |
| CEIP Plurilingüe Lope de Vega |
| CEIP Plurilingüe O Pombal |
| CEIP Plurilingüe O Sello |
| CEIP Plurilingüe Paraixal |
| CEIP Plurilingüe Pintor Laxeiro |
| CEIP Plurilingüe Ramón y Cajal |
| CEIP Plurilingüe San Salvador |
| CEIP Plurilingüe Santa Mariña |
| CEIP Plurilingüe Seis do Nadal |
| CEIP Valle-Inclán |
| CEIP Vicente Risco |
| CEIP Virxe do Rocío |
| CEP Celso Emilio Ferreiro |
| CEP Plurilingüe Igrexa-Valadares |
| CEP Plurilingüe Santa Tegra-Teis |
| EEI Rúa Aragón |
| IES A Guía |
| IES Alexandre Bóveda |
| IES Álvaro Cunqueiro |
| IES Castelao |
| IES Coruxo |
| IES de Teis |
| IES Ricardo Mella |
| IES Santa Irene |
| IES Valadares |
A incorporación nos vindeiros días destes docentes do programa PROA+ supón cumprir co calendario previsto do Plan MEGA e engádense aos reforzos incorporados xa en setembro vencellados ao programa Promociona, que foi o primeiro que se puxo en marcha ao abeiro deste plan de mellora educativa.
Cómpre lembrar que estes reforzos teñen como finalidade contribuír á mellora do rendemento académico e do desenvolvemento do éxito educativo en xeral pero con especial atención ao alumnado que máis o precisa.
Saúdos do Gabinete de Comunicación da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
