Vigo, Galicia
Cultura Vigo

La Xunta programa una veintena de actividades esta Navidad en bibliotecas y museos de Vigo

As propostas apoiadas pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude inclúen obradoiros, mostras fotográficas e bibliográficas, concertos, presentacións ou iniciativas para a cativada

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude impulsa este Nadal unha ampla programación cultural para todos os públicos. Así, as bibliotecas e museos dependentes da Xunta de Galicia concentran múltiples actividades e exposicións para estas festas, das cales unha vintena serán en Vigo. Trátase dun amplo abano de propostas que pode consultarse na Axenda Cultural de Galicia e que inclúe desde obradoiros, mostras fotográficas e bibliográficas, propostas infantís, presentacións de libros, concertos ata a iniciativas para os máis pequenos e maiores.

No caso de Vigo, as actividades céntranse na Biblioteca Pública Juan Compañel que conta con numerosas propostas para os máis cativos pero tamén para o público adulto. Neste senso, están programados durante os sábados de decembro varias sesións de contacontos, que inclúen para hoxe, Contos na Natureza. Ademais o 19, será a quenda de Un globo, dous globos, tres globos, e o 21, de C@nto contigo. Para os bebés o centro contará o día 26, con Contos e cantarelas de Nadal. Contos con música, e o 2 de xaneiro, con 5 ratiños de conto. Enmarcadas nas actividades Un Nadal e Conto para rapaces de máis de 4 anos haberá o luns 23 de decembro, Didi e o roubo de Nadal, o sábado 28, The Holly Christmas Postman, o día 30, A estreliña despistada, e o 4 de xaneiro, Acuarela co Mago Toño.

A entidade tamén contará con diversos obradoiros como Contos en construcción: unha historia do Nadal en Galicia, o día 23, Solsticio de inverno con dúas quendas os días 26 e 27 e, Un nadal doutro tempo con dúas quendas o 30 de decembro. A programación complétase con dúas mostras bibliográficas, Ó calor das lecturas e O Nadal noutros países do mundo, que estarán abertas ao público ata o 8 de xaneiro.

O Museo do Mar de Galicia mantén abertas outras mostras como Mareas de Manuel Penín, que con motivo da mesma, celebrará hoxe unha actividade de pintura relacionada coa obra do autor. Ademais, o centro tamén acollerá o vindeiro día 28 de decembro o espectáculo musical A árbore dos desexos. Este martes inaugurarán a exposición Plácido R. Castro, Unha Galicia soñada que recompila a obra pictórica deste destacado intelectua

Deja una respuesta

Hide picture