Vigo, Galicia
Galicia General

La Xunta pone en marcha el dispositivo para vacunar contra la gripe a los niños y niñas en el conjunto de hospitales gallegos este fin de semana

Esta campaña de vacinación está destinada á poboación pediátrica con idades comprendidas entre os 6 e os 59 meses

― As citas envíanse vía SMS aos pais, nais ou titores dos menores, para acudir, o sábado e o domingo, aos puntos de vacinación dos 14 hospitais galegos, en horario de 10h a 14,30h; e de 15,30h a 20h

― No que atinxe á campaña de vacinación contra a covid-19 para persoas maiores de 60 anos e grupos de risco, a Xunta decidiu pechar os grandes recintos o vindeiro día 30 de novembro. A partir do 1 de decembro, vacinarase nos hospitais a través do sistema de autocita

A Dirección Xeral de Saúde da Consellería de Sanidade xa ten preparado o dispositivo para vacinar esta fin de semana aos nenos e nenas, con idades comprendidas entre os 6 e os 59 meses, no conxunto de hospitais galegos.

A Xunta de Galicia acordou estender este programa a todas as áreas sanitarias galegas despois dos bos resultados obtidos na pilotaxe de vacinación pediátrica levada a cabo, a pasada fin de semana na área sanitaria de Santiago e A Barbanza.

Así, o lugar e os horarios de vacinación serán comunicados vía SMS aos pais, nais ou titores dos menores. Os nenos e nenas poderán ser convocados para vacinarse ao longo do sábado nun dos 14 hospitais públicos da Comunidade, que será o máis próximo ao seu domicilio, segundo conste na súa tarxeta sanitaria. Ao longo da xornada do domingo, vacinarase nos hospitais de Vigo, A Coruña, Santiago de Compostela, Ourense e Pontevedra. O horario de vacinación será de 10 a 14,30 horas e de 15,30 a 20 horas, en ambas xornadas, agás no caso de Ourense (que na xornada do domingo só vacinará en horario de mañá).

En concreto, a vacinación pediátrica levarase a cabo nos seguintes puntos dos centros hospitalarios galegos:

-Hospital Materno-infantil Teresa Herrera.

-Hospital Público Virxe da Xunqueira.

-Hospital Arquitecto Marcide.

-Hospital Provincial de Pontevedra.

-Hospital Público do Salnés.

-Hospital Universitario Lucus Augusti.

-Hospital Público da Mariña.

Deja una respuesta