Vigo, Galicia
Vigo

La Xunta invierte 600. 000 euros en el nuevo servicio de hospitalización a domicilio del Ávaro Cunqueiro.

O Sergas anuncia a licitación da obra para este servizo, que permitirá dotalo dun espacio ben dimensionado para asumir crecemento de persoal

― Os profesionais de HADO prestan asistencia a 866 pacientes nas súas casas

A Xunta de Galicia anunciou hoxe a licitación da obra para dotar de novas dependencias ao servizo de Hospitalización a Domicilio (HADO), por un importe de 637.536,24 euros.

A pandemia obrigou a diferenciar circuítos Covid/Non Covid, moi especialmente nos servizos de urxencias, e para isto foi necesario expandir o servizo de urxencias, ocupando espazos contiguos asignados a HADO. En consecuencia, de xeito provisional, HADO tivo que ser reubicado na zona de Docencia .

Con este proxecto, Hospitalización a Domicilio disporá dun espazo definitivo e ben dimensionado, deseñado para asumir o crecemento de persoal previsto no Plan Autonómico de HADO, que plantea dotalo cun equipo máis, integrado por un facultativo e profesional de enfermaría.

No momento actual, o servizo conta con 15 efectivos –6 médicos/as e 8 enfermeiras/os e 1 administrativo- que dan cobertura domiciliaria a toda a poboación de todos os concellos da Área Sanitaria de Vigo.

Presta asistencia a pacientes que, polas súas doenzas ou características, necesitarían ingreso hospitalario pero prefiren permanecer no seu domicilio onde os profesionais sanitarios subministran os mesmos coidados e atencións que nun ingreso hospitalario convencional.

Trátanse pacientes con diversas patoloxías, non só oncolóxicos, incluídos enfermos con necesidades paliativas. O pasado ano, os profesionais de HADO atenderon a 866 pacientes nas súas casas.

Deja una respuesta

Hide picture