Vigo, Galicia
Galicia Política Vigo

La Xunta finaliza las obras de conservación de la pasarela peatonal sobre la carretera Po-324 en Coruxo, en Vigo

Esta actuación, cun investimento de 50.000 €, reforzou e mellorou a estrutura de formigón deste paso de peóns situado no quilómetro 0+700 da vía autonómica

Os traballos de mantemento incluíron a retirada da vexetación e a limpeza da estrutura, así como o chorreado do formigón e selaxe das fisuras

Aplicouse sobre toda a superficie de formigón unha pintura de protección dos paramentos fronte á acción da carbonatación, os cloruros e a humidade

A Xunta segue traballando a prol da mellora da rede viaria autonómica, á que vén destinando máis de 50 M€ cada ano, reforzando tanto os programas de inspección e control das pontes e obras de paso, como a mellora do firme nas vías

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade rematou as obras de conservación da pasarela peonil sobre a estrada autonómica PO-324, en Coruxo, no concello de Vigo.

As intervencións, cun investimento de preto de 50.000 euros, centráronse nas tarefas de mantemento da pasarela situada no punto quilométrico 0+700 desta vía autonómica, para reforzar e mellorar a súa estrutura de formigón.

Os traballos comezaron pola retirada da vexetación que cubría a parte da estrutura da pasarela e a limpeza con auga a presión da estrutura.

Unha vez acometidas estas tarefas iniciais, procedeuse ao chorreado do formigón, selaxe e a inxección superficial das fisuras e gretas, así como á reparación con morteiro tixotrópico.

Nesta intervención acometeuse tamén a limpeza das armaduras e procedeuse á protección anticorrosión. Deste xeito, aplicouse sobre toda a superficie de formigón unha pintura de protección dos paramentos fronte á acción da carbonatación, os cloruros e a humidade.

Ademais, como parte destes traballos, aplicouse un tratamento con alta resistencia á corrosión sobre a varanda metálica que protexe lateralmente a pasarela.

A Xunta segue traballando a prol da conservación e mellora da rede viaria autonómica, á que vén destinando máis de 50 M€ cada ano, reforzando os programas de inspección e control, tanto das pontes e obras de paso, como de muros e noiros, ademais de medidas como o Plan de reforzo de firmes, para garantir as boas condicións nas vías de titularidade autonómica.

Deja una respuesta

Hide picture