O conselleiro de Sanidade cualifica de “sorprendente” que a ministra propoña, na reunión do Consello Interterritorial, medidas como o uso obrigatorio da máscara sen reunir antes nin a Ponencia de Alertas nin a Comisión Nacional de Saúde Pública
-A Xunta indicou o uso de máscara hai 12 días, e mantén que debe seguir sendo unha recomendación
-Comesaña lembroulle á ministra que as comunidades autónomas contan con plans de continxencia dende antes da pandemia, e no caso de Galicia, os plans actualízanse no mes de outubro de cara á chegada das infeccións respiratorias. Así, a Xunta adiantou a campaña de vacinación e reforzou tanto persoal como espazos
