Vigo, Galicia
Vigo

La Xunta elimina un punto de vertido de aguas residuales hacia el Río Lagares, no Ayuntamiento de Vigo.

Técnicos do programa de Control de Vertidos de Augas de Galicia localizaron a achega tras a alerta comunicada pola Servizo de Emerxencias do 112

Na inspección observouse turbidez no curso fluvial ao seu paso pola parroquia de Lavadores, consecuencia do movemento de terras nunhas obras no lugar de Sabaxáns

Nunha recente inspección á zona, os técnicos autonómicos constataron a realización das intervencións oportunas e a ausencia do vertido ao dominio público hidráulico

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, eliminou un punto de vertido de augas residuais cara ao río Lagares, no concello de Vigo.

Os técnicos do Programa de Control de Vertidos, dependente de Augas de Galicia, localizaron este punto de vertido tras unha alerta comunicada polo Servizo de Emerxencias do 112.

Na inspección observouse a existencia de turbidez no curso fluvial ao seu paso pola parroquia de Lavadores, consecuencia do movemento de terras nunhas obras que se estaban a realizar no lugar de Sabaxáns.

Augas de Galicia puxo esta situación en coñecemento do Concello de Vigo para que levara a cabo as medidas oportunas para a emenda do vertido irregular.

Nunha recente inspección á zona, os técnicos autonómicos constataron a realización das intervencións oportunas e a ausencia de caudal cara o río Lagares, eliminando así o vertido irregular ao dominio público hidráulico.

Deja una respuesta

Hide picture