Vigo, Galicia
General Vigo

La Xunta elimina un punto de vertido de aguas residuales domésticas al Rego Pepín, afluente del río Lagares, en el ayuntamiento de Vigo

  •  O persoal do Plan de Control de Vertidos, dependente de Augas de Galicia, localizou este foco nunha inspección rutineira no dominio público hidráulico do municipio
  • Os técnicos da Xunta identificaron o foco procedente dunha acometida dunha vivenda particular que vertía as augas residuais sen depurar ao rego, ao seu paso polo lugar das Fontiñas, na parroquia de Cabral
  • Os labores do persoal de Augas de Galicia, en colaboración cos técnicos municipais, permitiron identificar o inmoble do que procedía o vertido
  • Nunha nova inspección conxunta á zona verificouse a conexión das augas residuais da vivenda á rede municipal de saneamento, o que permitiu a emenda do vertido

A Xunta eliminou un punto de vertido de augas residuais domésticas ao rego Pepín, afluente do río Lagares, no concello de Vigo.

Os inspectores do Plan de Control de Vertidos, dependente de Augas de Galicia, localizaron este foco no marco das inspeccións rutineiras no dominio público hidráulico do termo municipal.

O persoal da Xunta localizou o foco nunha acometida irregular dunha vivenda particular, que vertía as augas residuais sen depurar ao rego Pepín, ao seu paso polo lugar das Fontiñas, na parroquia de Cabral.

Os técnicos de Augas de Galicia puxeron en coñecemento do Concello de Vigo a incidencia, efectuando unha inspección á zona, conxunta co persoal inspector do departamento de Medio Ambiente da entidade local, identificando o inmoble do que procedía o vertido.

O Concello de Vigo requiriu ao titular da vivenda a execución da conexión das augas residuais xeradas na propiedade á rede municipal de saneamento.

Nunha nova inspección á zona, o persoal de Augas de Galicia e os técnicos do Concello de Vigo verificaron que os traballos realizados permitiron a emenda do vertido.

Deja una respuesta