- Os técnicos do Plan de Control de Vertidos, dependente de Augas de Galicia, localizaron o foco durante unha inspección rutineira
- O persoal localizou unha achega de augas industrias cara ao dominio público, consistente no bombeo de auga mesturada con lodo que se levaba a cabo desde unha obra de construción
- A Xunta requiriulle ao titular da obra a eliminación do foco irregular, constatando nunha recente visita o cese do vertido
A Xunta eliminou un punto de vertido de augas residuais que se producía cara a un rego innominado, próximo ao río Lagares, no lugar da Bagunda, en Vigo.
O punto de vertido foi detectado polo persoal do Plan de Control de Vertidos, dependente de Augas de Galicia, durante tarefas rutineiras de inspección que se levan a cabo nos distintos termos municipais do ámbito territorial da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa.
O persoal inspector localizou un foco irregular de augas residuais industrias cara ao dominio público hidráulico, consistente no bombeo de auga mesturada con lodo que se levaba a cabo desde unha obra de construción.
Tras identificarse o titular, a Xunta requiriulle a emenda do vertido.
Nunha nova inspección á zona, o persoal de Augas de Galicia verificou a finalización do foco de augas residuais ao dominio público hidráulico, en cumprimento do requirimento efectuado ao titular.
