Vigo, Galicia
Galicia Vigo

La Xunta elimina tres puntos de vertido de aguas residuales en la parroquia de Cabral hacia el rego de Pepín, en el ayuntamiento de Vigo

― Os técnicos do Programa de Control de Vertidos de Augas de Galicia localizaron o foco no marco das inspeccións de rastrexo no municipio

― O traballo dos inspectores da Xunta e a colaboración cos técnicos do Concello de Vigo permitiron identificar as propiedades nas que se orixinaban as achegas irregulares

― Os técnicos de Augas de Galicia constataron recentemente que a instalación dun novo colector de saneamento municipal na avenida da Ponte permitiron a emenda do vertido

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, eliminou tres punto de vertido de augas residuais na parroquia de Cabral cara ao rego de Pepín, no concello de Vigo.

Este foco foi identificado no marco das inspeccións de rastrexo polos técnicos do Programa de Control de Vertidos, dependente de Augas de Galicia.

O traballo dos inspectores da Xunta e a colaboración dos técnicos do Concello de Vigo permitiron identificar as propiedades nas que se orixinaban as achegas irregulares ao dominio público hidráulico.

Para a solución destes focos foi precisa a instalación dun novo colector de saneamento na avenida da Ponte, que permitiu a conexión das vivendas das cales procedían os vertidos á infraestrutura de saneamento municipal.

Nunha nova visita á zona, os técnicos da Xunta verificaron que a execución das acometidas á nova rede permitiron a emenda dos vertidos

Deja una respuesta