Vigo, Galicia
Vigo

La Xunta celebra el día de las bibliotecas en Vigo con cinco actividades para todos los públicos

  • Co gallo desta efeméride que se celebra o xoves, día 24, a Biblioteca Pública Juan Compañel acollerá visitas guiadas, espectáculos de narración oral e exposicións, entre outras propostas

A Xunta celebra o Día das bibliotecas, este xoves, 24 de outubro, cunha ampla programación nos sete centros bibliotecarios xestionados pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude. Co gallo desta efeméride, a Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel citas infantís, xornadas de portas abertas, visitas guiadas e exposicións, que se suman á trintena de actividades programadas no resto das entidades galegas entre outras propostas.

O centro vigués abrirá as súas instalacións o xoves para dar a coñecer o edificio e os servizos que ofrece con dúas visitas guiadas ás 12,30 horas e ás 18,00 horas. Ademais, para os cativos de 0 a 3 anos, acollerá o espectáculo de narración oral Cabaliño hop a cargo de Soledad Felloza, na sala infantil. En canto ás exposicións bibliográficas que se amosarán no centro, estarán abertas ao público ata finais de mes: Bibliotecas imaxinadas: as bibliotecas na literatura e no cine, na sala de exposicións, e As bibliotecas máis bonitas do mundo, na sala infantil.

Hábitos lectores da poboación galega

O deseño destas actividades enmárcase no traballo do Goberno galego para colaborar e apoiar actividades que fomenten o hábito lector na cidadanía. Neste senso, cómpre destacar que en 2022 a lectura foi o terceiro hábito cultural máis frecuente en Galicia, ocupando o 63,9% da poboación, por detrás de escoitar música e ver televisión. Ademais, a porcentaxe actual de persoas lectoras entre a xente de 14 ou máis anos sitúase no 96,9%, indicador que alude a aquelas persoas que len algún tipo de material, en calquera formato ou soporte polo menos unha vez ao trimestre.

En canto á lectura de libros, se atendemos a razóns de ocio, o 62,9% dos galegos le libros no seu tempo libre, é dicir, sen contar razóns de estudo ou traballo, polo menos unha vez ao trimestre e un 52,4% un mínimo dunha vez á semana. En canto á lingua, o 61,2% dos lectores maiores de 14 anos len en galego ben sexa de maneira habitual ou ocasionalmente.

Deja una respuesta