Vigo, Galicia
General Vigo

La Xunta adquiere por 1,6m€ dos nuevas salas de hemodinámica para el Hospital Álvaro Cunqueiro

Os novos equipos, que substituirán aos actuais, van destinados ao servizo de cardioloxía para o intervencionismo coronario e estrutural

En total, este ano tense investido máis de 12 millóns de euros na dotación de equipos de alta tecnoloxía: 5 TACS; 2 Resonancias Magnéticas; 1 PET-TC; 1 equipo de Radioloxía Vascular e 3 gammacámara

A Xunta de Galicia ven de adxudicar os contratos para adquirir dous novos equipos de hemodinámica para o Hospital Álvaro Cunqueiro. Esta nova dotación tecnolóxica supuxo un investimento de 1.675.286 millóns de euros, canalizados a través dos fondos Next Generation da Unión Europea.

Trátase de equipos de ultima xeración e de altas prestacións, que virán a substituír a 2 actuais.

O servizo de Cardioloxía do Alvaro Cunqueiro conta con 3 equipos de Hemodinámica dedicados ao intervencionismo coronario e estrutural, que abarca unha serie de procedementos para as cardiopatías conxénitas e adquiridas, nas que se inclúen as enfermidades valvulares, obstrucións arteriais e venosas, ecétera…. Este servizo realiza uns 2.000 procedementos diagnósticos e terapéuticos anuais.

12 millóns en alta tecnoloxía

En total, este ano lévanse realizado un investimento de 12,2 millóns de euros para adquirir equipos de alta tecnoloxía.

Así, ademais das 2 salas de hemodinámica tense renovado 5 TACS por un importe de 3,2 M €; 2 Resonancias Magnéticas, por 2,6 M€; 1 equipo PET-TC, adxudicado por 2,5 M€; 1 equipo de Radioloxía Vascular, adxudicado por 592.900€; e 3 gammacámaras por 2 M€.

A incorporación destas novas dotacións tecnolóxicas permitirá seguir implementando novas técnicas e procedementos diagnósticos para avanzar na mellora da calidade asistencial ofertada na área sanitaria de Vigo.

Deja una respuesta