Vigo, Galicia
Vigo

La unidad de oncología radioterápica del Meixoeiro realiza la primera intervención de braquiterapia de esófago

A Unidade é a única en Galicia que realiza este tipo de tratamento contra o cancro de esófago, converténdoa en referente a nivel autonómico

O piares deste procedemento foron a incorporación de innovadoras técnicas de visualización así como a coordinación do seu equipo interdisciplinar, composto por especialistas de dixestivo (endoscopistas), oncoloxía, radiofísica, neumoloxía enfermaría e técnicos superiores en radioterapia

Con motivo do Día internacional contra o Cancro, os especialistas deron a coñecer esta nova técnica que se incorpora á carteira de servizos terapéuticos fronte ao cáncer

A Unidade de Oncoloxía Radioterápica do Hospital Meixoeiro ven de realizar a súa primeira intervención de braquiterapia de esófago, o que o converte no primeiro hospital galego en realizar esta técnica en neoplasia de esófago. Os especialistas fixeron público esta nova terapia fronte ao cancro con motivo do Día Internacional Contra o Cáncer que se celebra mañá.

A realización deste procedemento foi posible grazas á colaboración dun equipo de profesionais multidisciplinar así como á nova dotación tecnolóxica, que incorpora numerosas novidades diagnósticas e terapéuticas, empregando un endoscopio desbotable de última xeración, así como innovadores sistemas de visualización, simulación e planificación 3D.

“As características desta técnica de braquiterapia “intraluminal” fan posible que sexa un tratamento eficiente e con claros beneficios en tumores de esófago xa irradiados ou localizados de forma moi superficial, e tamén en pacientes que teñan contraindicadas outro tipo de terapias. Ademais, ofrece grandes vantaxes fronte a outros tratamentos, como a posibilidade de realizarse en poucas sesións, de 3 a 6 dependendo do caso, unha maior facilidade para administrar o tratamento de forma localizada, e unha eficacia situada entre o 60-100% de control da enfermidade”, explica o xefe da Unidade, Víctor Muñoz.

Equipo humano de excelencia

O equipo multidisciplinar que levou a cabo esta intervención componse de profesionais dun gran nivel de diferentes especialidades, polo que cómpre destacar a súa excelente coordinación e dispoñibilidade.

A endoscopista do servizo de Dixestivo do Hospital Álvaro Cunqueiro, Nereida Fernández, foi a encargada de dirixir a intervención, na que participaron especialistas de Oncoloxía Radioterápica, Radiofísica e Neumoloxía, e que foi asistida polos equipos de Enfermaría de Dixestivo e de Oncoloxía Radioterápica así como por Técnicos superiores en Radioterapia.

Deja una respuesta

Hide picture