Vigo, Galicia
General Vigo

La policía autonómica decomisa 38 kilos de percebe en un dispositivo en Vigo

  • Foi identificada unha persoa contra a que se levantou unha acta de infracción e a mercadoría intervida repartiuse entre centros benéficos do Concello de Vigo

Axentes da Policía Autonómica de Vigo, en colaboración coa Policía Nacional, comisaron na xornada de onte 38 quilos de percebe nun dispositivo na cidade de Vigo. Os axentes da Policía Autonómica, a requirimento da Policía Nacional, inspeccionaron un vehículo no que o propietario transportaba tres caixas de percebes.

A Policía Autonómica identificou ao condutor e levantou unha acta de presunta infracción da Lei de Pesca de Galicia debido a que o propietario non aportou etiqueta de trazabilidade, nin factura do produto que acreditase a procedencia do marisco.

Tamén se procedeu ao comiso da mercadoría, que ascende a 38 quilos de percebe, os cales foron repartidos entre centros benéficos do Concello de Vigo.

Thumbnail 20220202ComisoVigo2

Deja una respuesta

Hide picture