Vigo, Galicia
Cultura General Vigo

La fantasía del espectáculo familiar ‘Inventio’, adelanto de Reyes en Vigo

Esta proposta escénica galega de gran formato brindará un total de tresfuncións no Auditorio Mar de Vigo os días 3 e 4 de xaneiro
Comedia, ilusionismo e artes circenses mestúranse neste espectáculo para todos os públicos sobre o imaxinario Xacobeo
Os billetes para as funcións están á venda na web teuticket.com

Xa está todo a punto para o desembarco do espectáculo Inventio no
Auditorio Mar de Vigo os días 3 e 4 de xaneiro. A maxia, o circo e a danza están garantidos con esta proposta
escénica de gran formato concibida para público familiar e inspirada no universo xacobeo. Os billetes para
as tres funcións previstas en na cidade olívica oscilan entre os 15 e os 25 euros máis gastos de xestión e están
á venda na web www.teuticket.com. Ademais, hai desconto para os usuarios do Carné Xove e os menores de
dous anos non pagan sempre que non ocupen butaca.
Inventio, un espectáculo para todos os públicos que reborda humor, misterio e fantasía, e no que conviven a
comedia e o drama, a danza, o ilusionismo e as artes circenses. Está concibido como un convite para gozar cos
sentidos dunha historia onde o pasado e o futuro danse a man grazas á sucesión de números de maxia,
levitacións, equilibrios, malabares, aéreos, audiovisuais e mais composicións de música tradicional galega
fundidas con sons electrónicos. Cunha atmosfera máxica e unha posta en escena vangardista, Inventio
recupera a paisaxe, os costumes, a música, a arte ou a arquitectura de Galicia nun espectáculo delicado e
cegador, de busca e descubrimento. Inventio é un camiño de regreso á sensibilidade a partir da tradición e a
modernidade.

video
play-sharp-fill


Para materializar esta ambiciosa proposta escénica, Inventio conta cun numeroso equipo creativo e artístico
formado por máis de 40 persoas, entre elas seis bailaríns e seis artistas circenses. Na dirección atópase o
mago Martín Varela, que tamén exerce de guía do espectáculo. Como responsable da dramaturxia figura José
L. Prieto e na dirección artística está Suso Montero. A dirección de maxia recae sobre os ilusionistas Fani
Triana e Martín Camiña e a de circo en Jorge Miquel. A dirección musical leva o selo de José Trincado ‘Triki’
e o ballet e as coreografías son unha creación de Mercedes Suárez. Completan o equipo Alberto Casas no
deseño de iluminación e Conchi Silvent na dirección de vestiario. Inventio é unha iniciativa da promotora
galega Thinking Up Events, da Xunta de Galicia a través do programa Xacobeo 21-22 e mais da Fundación “la
Caixa”, e conta tamén co apoio de Sargadelos.
A HISTORIA. Ano 2094. O noso mundo é branco, aséptico, limpo, ordenado. O noso universo é frío e tan
impersoal coma o quirófano dun hospital. Deixamos de sentir e de comunicarnos. Aterramos no futuro, si,
pero perdemos a memoria e a emoción. Galicia. Último ano Xacobeo deste século XXI. Unha troupe de doce
artistas guiada por un ilusionista comproba que xa non existe o Camiño de Santiago, que xa ninguén o lembra.
Non quedan peregrinos nin un camiño que percorrer xuntos. Tampouco a auga ou a chuvia, o son das gaitas,
o verde dos campos ou a pegada do mar na area. Nin pegada nin lembranza ningunha. Que era todo aquilo?
Onde quedaron a viaxe, a busca e o descubrimento? Onde liscou a sensibilidade? Velaquí as preguntas que
van guiar a esa troupe circense que teima nunha misión: reconstruír a súa identidade cultural. Sobre as
táboas, os artistas vense envoltos nunha aventura sen igual. O pasado tócaos maxicamente e unha forza
sobrenatural transformaraos.
Inventio nace co obxectivo de servir de vehículo de coñecemento e de divulgación do Camiño de Santiago e
da cultura galega a través dunha historia de buscas e encontros, apta para público familiar e adulto. Trátase
dun espectáculo que dota o noso patrimonio cultural dun enorme poder simbólico: tradicións nadas hai
séculos que perduran hoxe, e que o fan enriquecidas e felizmente contaminadas doutras manifestacións
artísticas, cunha ollada aberta que pon en valor o que nos constrúe e o que nos une.
Desde a súa estrea en Ferrol, o espectáculo está a desenvolver unha intensa xira que xa recalou en Santiago,
Salamanca, Lugo, Pontevedra e Ourense e que vai chegar axiña a Bilbao (29-30 decembro), Vigo (3-4 xaneiro
2023) e A Coruña (13-14 xaneiro). Toda a información actualizada sobre a xira e os billetes está dispoñible no
espazo web www.inventio.gal.

Deja una respuesta

Hide picture