Hoxe día 12 de Agosto dende a comisión de bombeiros de Vigo, temos que dar a mala noticia do
peche do parque de bombeiros de Coruxo por falta de persoal. Esta fin de semana non é un
calquera, estase a celebrar o evento do “Marisquiño”, con unha afluencia altísima de persoas a
nosa cidade co conseguinte aumento das posibilidades de emerxencias.
Como xa tivo acontecido anos atrás podémonos atopar ante unha emerxencia de magnitudes
que con só un parque de bombeiros aberto e xustamente o que tiña que ter cuberto a zona de
Samil onde se fai o evento, pechado,se fai case imposible dende o parque central de Teis a
operatividade do servizo.
O tempo de resposta ante unha emerxencia na zona de Samil aumentase en case 15 min, se a
eso lle sumamos a escasez de medios materiais e humanos(só 5 bombeiros operativos ) ,non
podemos entender como o goberno municipal segue a incumplir os minimos que él mesmo
aprobou en xunta de goberno local.
Pedimos unha vez máis que se cubran todas as vacantes do servizo, se modernice a plantilla
adaptándoa as necesidades actuais da cidade e se executen urxentemente todas as OEP
pendentes, desbloquear as bases paralizadas dende o ano 2022 para non volver a repetir estas
situacións. A seguridade da cidade nun día coma hoxe non pode depender da sorte, non ter
previsto un evento destas características dende o punto da seguridade non se lle pode permitir
a un goberno municipal
Vigo
La comisión de bomberos de Vigo denuncia el nuevo cierre del parque de Coruxo en pleno O Marisquiño
- agosto 13, 2023
- 0 Comentarios
- hace 3 años
