Vigo, Galicia
Política Vigo

La coalicion Podemos-Marea de Vigo piden la recuperación del programa MoveVigo con la participación directa de la Favec.

La coalicion podemos-marea de vigo piden la recuperación del programa movevigo con la participación directa de la favec.

Rubén Pérez e Meli Vázquez, cabezas de lista da coalición coa que Marea de Vigo e Podemos concorreran ao proceso electoral de maio, valoraron hoxe como pouco ambiciosas e con escasos recursos para os grupos musicais ou folclóricos, as asignacións de recursos para actuacións encadradas nos diversos programas existentes actualmente e piden a recuperación do programa MOVEVIGO vehiculizado a través da Federación de Asociacións Veciñais Eduardo Chao.

Podemos-Marea de Vigo consideran que “os actuais programas están absolutamente divorciados das realidades veciñais, os xestionan empresas privadas ou montadas ad-hoc para xestionar programación de este tipo e considera que existe un notable malestar nos grupos que veñen do movemento veciñal polos recursos que finalmente chegan a eles tras cada actuación.

A coalición sostén que MOVEVIGO foi un programa integrador e que permitía, en colaboración coa Federación Veciñal «Eduardo Chao», unha difusión e promoción sociocultural mediante actividades musicais, de teatro, monicreques e animación infantil dimensionada en canto ás parroquias e barrios da cidade, que establecía un programa extenso e con moita participación veciñal, e foi unha decisión unilateral do Concello o que finiquitou o programa tras moitos anos de exitosa existencia.

MOVEVIGO permitiría tamén descentralizar e dar participación veciñal de novo na toma de decisións sobre o nadal, entroido e outros elementos festivos e que sempre tiveron a perspectiva integradora do movemento veciñal. Onde agora só existe a toma de decisión vertical do goberno local, sinala Rubén Pérez: “antes existía un amplo abano de elementos participativos e codecisorios do movemento veciñal federado que urxe recuperar”.

Deja una respuesta

Hide picture