Vigo, Galicia
Política Vigo

La coalición Podemos – Marea de Vigo defiende otro modelo de servicios sociales.

Defendemos un gasto social de 100 euros por habitante como mínimo. Ademais defendemos un Plan de Inclusión Social transversalizado que debería coordinar a súa actuación e implicar ao conxunto de políticas municipais en materia de emprego, vivenda, mocidade, sanidade e educación. Queremos remunicipalizar o SAF, mellorando as condicións laborais das traballadoras/es e evitando a precarización do servizo

video
play-sharp-fill

Podemos – Marea de Vigo entendemos que actualmente non se afrontan os grandes problemas sociais e colectivos da cidadanía viguesa e foméntase o individualismo e o illamento social, debido a que na maioría das intervencións non se realiza unha actuación integral e nin sequera se atenden correctamente as necesidades básicas relacionadas coa subsistencia vital, sendo o Concello de Vigo en boa medida un mero xestor de esmirradas prestacións, sen tempo real, na maioría dos casos, para desenvolver itinerarios que non terminan de fomentar un verdadeiro apoio real, a consecución da autonomía plena e o empoderamento dos colectivos vulnerables.

Para Podemos – Marea de Vigo é necesario incrementar substancialmente o orzamento municipal dos Servizos Sociais Comunitarios coa dotación de recursos materiais e humanos necesarios para o seu desenvolvemento, cumprindo os rateos profesionais de atención social axeitados. Gasto social de 100 euros por habitante como mínimo. Asegurar, desde os Servizos Sociais Comunitarios, que toda a cidadanía poida acceder a recursos e prestacións suficientes para vivir de maneira digna, dentro dun dispositivo global e coherente de loita contra a pobreza e exclusión social, con axudas sociais áxiles e directas.

Unha das prioridades de Podemos – Marea de Vigo é a revisión exhaustiva de todos os contratos coas entidades privadas, especialmente o do SAF, coa vista posta na remunicipalización da prestación dos servizos sociais. Cremos que hai que combater urxentemente os intentos de privatizar os servizos sociais e comprometémonos a buscar vías para reverter as privatizacións xa executadas.

Para Podemos – Marea de Vigo as necesidades que deben abordarse desde os servizos sociais municipais son derivados de problemas estruturais e por tanto a actuación municipal debe realizarse de maneira transversal deseñando un plan integral de servizos sociais que implique ao conxunto de concellerías e ese Plan de Inclusión Social transversalizado debería coordinar a

actuación do conxunto de políticas municipais en materia de emprego, vivenda, mocidade, sanidade e educación.

Crearemos, en colaboración coa Xunta de Galicia, un segundo albergue para persoas sen teito e en situación de rúa.

Deja una respuesta

Hide picture