Vigo, Galicia
Vigo

La Asociación de Vecinos de Teis reclama que los presupuestos recojan inversiones en los parques de a Guía y de la Riouxa y en la Playa de a Punta.

A  Asociación Veciñal de Teis, presentou durante o período de reclamacións a aprobación inicial do orzamento do Concello de Vigo de 2026, foron un total de 5 reclamacións, para se inclúan varias novas partidas: plan de mellora dos parques da Guía e da Riouxa, por un importe de 900.000 euros; acondicionamento auditorio de Teis, por un importe de 50.000 euros e    actuacións melloras na Via Verde, por un importe de 45.000 euros.

Ademais, solicitamos ampliar as partidas, ao considerar insuficientes as cantidades que figuran, en concreto no “ acondicionamento antigo ambulatorio Teis, para biblioteca”  onde só figuraban 50.000 euros e propoñemos que se amplíe en 983.000 euros ou “ Obras de accesibilidade praia da Punta “ onde só figuran40.000 euros e propoñemos incluír  150.000 euros.

PARQUE DA GUÍA E DA RIOUXA

Nos orzamentos non figura ningunha partida que recolla un plan de mellora dos parques da Riouxa e da Guía.

Parque da Riouxa

Na década dos anos 90 realizouse a ampliación da baixada a Rotea, collendo terreos do parque, pero quedou pendente de rematar unha parte do muro que rodea o parque. Este muro leva sen finalizarse mais de 30 anos.

Desde fai anos vimos denunciando que os parques infantís existentes en Teis, son insuficientes para atender as necesidades das familias do barrio.

No caso do parque infantil na Riouxa, é moi pequeno, hai espazo para súa ampliación, e así poder a contar cun grande parque infantil en condicións, como hai por exemplo no parque de Castrelos, no  Castro ou na parroquia de Chapela. 

Parque da Guía 

O paseo da capela da Guía, leva pechado desde hai máis de tres anos. Está decisión tomouse polo mal estado de conservación do mesmo.

Este paseo inaugurouse no ano 1969 e ao longo destes anos careceu dun mínimo mantemento por parte dos diferentes gobernos municipais.

Na actualidade a veciñanza ou os visitantes, cando chegan ao entorno da capela do parque da Guía, atópanse cun valado, coa beirarrúa cortada e teñen que usar a estrada para pasar.   

En 2024, durante os meses de abril e maio, realizáronse varias catas arqueolóxicas no parque da Guía, previas a realización das obras da nova iluminación da avenida de Dona Fermina. 

Estás catas confirmaron por primeira vez, a existencia dun importante castro  no parque da Guía. 

Máis de dous anos despois de realizar as catas arqueolóxicas, consideramos fundamental que o Concello de Vigo, realice unha gran escavación para dar a coñecer o castro da Guía e musealizar este espazo, para desfrute da veciñanza de Teis e de Vigo.

Estase perdendo unha nova oportunidade, pois estes restos poden ser un novo atractivo e axudaría a pór en valor o parque da Guía na actualidade, moi deteriorado e descoidado.

Un dos grandes parques da cidade carece dun simple aseo. Calquera visitante, non ten un simple aseo público en todo o parque. Un ano máis, o parque da Guía, tamén quedou esta excluído do itinerario do autobús turístico. 

Desde a Asociación Veciñal de Teis, levamos anos denunciando o abandono do parque da Guía ( o paseo que rodea a capela pechado desde hai máis de dous anos debido ao seu deterioro, non hai aseos, nin cafetería, nin parque infantil, o autobús exclúe o parque da Guía desde hai anos do seu itinerario,…)

Tamén, é necesario eliminar as árbores  de especies invasoras no parque ( acacias e eucaliptos), realizar plantacións de árbores autóctonas, ampliar a carballeira e adquirir terreos privados para ampliar o parque.   

Esta Asociación, leva anos denunciamos o desleixo do goberno municipal en relación aos parques da Riouxa e da Guía.

MELLORAS PRAIA DA PUNTA E ENTORNO

A cantidade figura nos orzamentos para actuar na praia da Punta, é insuficiente, pois so figuran 40.000 euros. Cando non hai que actuar unicamente na mellora da rampla de aceso, pois a praia e entorno presentan bastantes deficiencias   

A finais do pasado mes de abril, dirixímonos por escrito ao Concello de Vigo, para trasladarlle a necesidade de realizar varias actuacións urxentes de mellora na praia da Punta, diante da chegada do verán.

A praia de A Punta, é o areal máis importante do barrio de Teis, e que conta coa distinción da bandeira azul. Ademais, a praia esta en contacto co paseo marítimo e co parque público da ETEA, polo que é un dos lugares de lecer máis importantes da cidade nos meses de verán, independente da súa falta de mantemento e de dotacións.

A  rampla de aceso a praia, fáltalle un tramo. O estado actual da rampla impide que sexa utilizada por persoas maiores ou con pouca mobilidade.

O paseo marítimo que rodea a praia, hai tramos sen firme e buratos. Estas deficiencias ( rampla, paseo marítimo) xa levamos anos denunciando, sen que se tome ningunha medida.

Tamén, é necesario a reparación do tellado dos baños municipais debido ao seu deterioro, existente no paseo da praia da Punta

O peirao da ETEA,  presenta unha falta de mantemento é un elevado deterioro, as varandas están oxidadas e falta  en varios tramos, no firme faltan adoquins en diferentes puntos, tamén é  necesario derrubar varias construcións abandonadas existentes.

Desde a Asociación Veciñal de Teis, consideramos urxente a construción dunha nova rampla de aceso a praia da Punta, a mellora do paseo marítimo que rodea a praia e do peirao da ETEA.

BIBLIOTECA DE TEIS

No caso da biblioteca, que figura unha partida unicamente de 50.000 euros, para  o acondicionamento  do antigo ambulatorio Teis,  para biblioteca.

Desde a Asociación e as anpas de Teis, levamos anos reivindicando que Teis necesita unha biblioteca,  que o edificio que ocupaba o antigo centro de saúde na rúa Enrique Lorenzo, pechado desde  o ano 2000, cunha superficie de 1000 metros cadrados, se destinase  para biblioteca entre outros usos dotacionais.

Desde a Asociación Veciñal de Teis, defendemos que neste edificio acolla unha biblioteca, ludoteca e local xuvenil. E non se limite só a unha simple sala de lectura, como figura no proxecto e que perdamos unha oportunidade de dotar a Teis dunha boa dotación sociocultural.

O goberno municipal leva 11 anos anunciando a remodelación deste edificio, e incluíndo partidas nos orzamentos que non se executan. Estamos a finais de 2025, seguimos aínda agardando polo comezo das obras  e a cantidade que figura neste orzamento parécenos insuficiente para a remodelación do edificio  e a posta en funcionamento da biblioteca en 2026.

ACONDICIONAMENTO AUDITORIO DE TEIS

Non hai ningunha partida e levamos varios anos denunciando a falta de mantemento do auditorio de Teis, pois desde hai anos presenta ( humidades, pingueiras, mal estado das paredes, etc) que son moi visíbeis nesta instalación municipal.

O maior problema desta instalación é a humidade moi presente nas paredes dos corredores, sala de exposición e tamén no auditorio. No auditorio hai pingueiras no escenario e nas escaleiras de aceso ao mesmo. Ademais, nas paredes dos corredores e na sala de exposicións, é visíbel a falta de conservación ( fendas, tixolo descuberto). 

Xa temos denunciado está situación por escrito ao Concellaría de Participación Cidadá, en varias ocasións, o último escrito o pasado mes de marzo, pero non se toman medidas. E amosa unha deixades por parte do goberno municipal, no mantemento desta dotación municipal.

Desde a Asociación Veciñal de Teis, consideramos urxente realizar unha actuación no auditorio de Teis, que inclúa a eliminación das humidades, as pingueiras, o pintado de todas as dependencias e realizar un mantemento periódico desta instalación municipal ao longo de todo o ano.

ACTUACIÓNS MELLORA VÍA VERDE

É necesario incluír unha partida para mellorar a  “ Vía Verde “, segue existindo a necesidade da plantación de máis arbores, é necesario  máis sombra. Estamos a falar dun percorrido de máis de 3 km, con moi pouco espazo con sombra.  

Anunciábase en marzo de 2024 a plantación de 50 arbores na  “ Vía Verde “,  que non se chegaron a plantar. A plantación de máis arbores, serviría para ofrecer sombra, para as persoas que queiran descansar ou protexerse do sol, principalmente os nosos maiores.

Tamén, é necesario a colocación de máis fontes e bancos ao longo do percorrido.

Os terreos da Vía Verde, linda coas vivendas do grupo San Pablo e con varias vivendas (5) da rúa Robleda, entre os números 103-111. Nestes tramos os terreos están cheos de vexetación, que no caso da rúa Robleda, as vivendas teñen a vexetación diante das portas, coas molestias que isto supón. Polo que é necesario rozar está vexetación nestes terreos e a colocación dun malla, que impida o medre constante da vexetación nestes terreos.

Deja una respuesta