Vigo, Galicia
Vigo

La Asociación de Vecinos de Teis, presenta alegaciones a los presupuestos del ayuntamiento, para las mejoras de los parques de la Guía y Riouxa y de las instalaciones deportivas de la ETEA

A Asociación Veciñal de Teis, presentou alegacións durante o período de información pública a aprobación inicial do orzamento xeral do Concello de 2025, que rematou o pasado 11 de decembro de 2024.

As 5 alegacións presentadas aos orzamentos municipais, queremos crear novas partidas para a mellora dos parques da Guía e A Riouxa e das instalacións deportivas da ETEA. Ademais, aumentar as partidas  son insuficientes para garantir en 2025 que en Teis contemos coa biblioteca, piscina municipal e iluminación do parque da Guía.

Levamos 10 anos agardando pola biblioteca, 2 anos e medio do incendio da piscina e desde 2021 agradando pola mellora da iluminación do parque da Guía.

A Asociación Veciñal de Teis, demanda nas alegacións que en Teis se aumente o investimento en  4.431.703 euros.

Mellora dos parques da Riouxa e da Guía

Non figura ningunha partida que recolla un plan de mellora dos parques da Riouxa e da Guía.

Parque da Riouxa

Hai máis dun ano que unha parte do paseo de pérgolas esta valado por seguridade, debido as deficiencias na estrutura, pero logo de tanto meses,  aínda non se tomou ningunha medida para reparar o paseo.

Na década dos anos 90 realizouse a ampliación da baixada a Rotea, collendo terreos do parque, pero quedou pendente de rematar unha parte do muro que rodea o parque. Este muro leva sen finalizarse mais de 30 anos.

Desde fai anos vimos denunciando que os parques infantís existentes en Teis, son insuficientes para atender as necesidades das familias do barrio.

No caso do parque infantil na Riouxa, é moi pequeno, hai espazo para súa ampliación, e así poder a contar cun grande parque infantil en condicións, como hai por exemplo no parque de Castrelos, no  Castro ou na parroquia de Chapela. 

Parque da Guía 

O paseo da capela da Guía, leva pechado desde hai dous anos. Esta decisión tomouse seica polo mal estado de conservación do mesmo, pero despois dous anos de tomar esta decisión, non houbo ningunha actuación. 

Este paseo inaugurouse no ano 1969 e nestes anos careceu dun mínimo mantemento por parte dos diferentes gobernos municipais. 

Na actualidade a veciñanza ou os visitantes, cando chegan ao entorno da capela do parque da Guía, atópanse con todo valado, coa beirarrúa cortada e teñen que usar a estrada para pasar. 

Estamos a falar dun dos parques máis importantes da cidade e un referente turístico, non é aceptábel que se atope neste estado, valado desde hai máis de dous anos e se ningún dato que indique que isto vaise acondicionar en breve.

Un dos grandes parques da cidade carece dun simple aseo. Calquera visitante, con tería un simple aseo público en todo o parque. Un ano máis, o parque da Guía, tamén quedou esta excluído do itinerario do bus turístico. 

Esta Asociación, xa non é a primeira vez que nós últimos meses e anos denunciamos a deixades do goberno municipal en relación aos parques da Riouxa e da Guía.

Mellora instalacións deportivas da ETEA

No orzamento non figura ningunha partida que recolla a  mellora das instalacións deportivas da ETEA e a recuperación da piscina.

No ano 2017, decidiuse cubrir a piscina da ETEA para destinala a pista de ximnasia, pero incluíndo un sistema que no futuro permitirá poder recuperala.

Non é lóxico que incluso se chegou a investir diñeiro público na piscina ETEA e logo tomouse a decisión de cubrila.

Esta piscina, podería ter diferentes usos como por exemplo natación sincronizada, wáter-polo, spa ou impartir cursos de natación.

Mentres outros barrios e parroquias contan con spa urbano, ximnasio, etc. a través dos centros “ Máis que Auga”, en Teis non hai ningunha destas dotacións deportivas.

Si a piscina da ETEA, estivera funcionando na actualidade poida perfectamente cubrir a demanda da veciñanza de Teis, que agora temos que desprazarnos polas diferentes instalacións deportivas da cidade. 

Biblioteca

No orzamento xeral do Concello de Vigo, observamos que figura una partida unicamente  de 900.000 euros, para  o acondicionamento  do antigo ambulatorio Teis, biblioteca.

Desde a Asociación e anpas de Teis, levamos anos reivindicando que Teis necesita unha biblioteca,  que o edificio que ocupaba o antigo centro de saúde na rúa Enrique Lorenzo, pechado desde  o ano 2000, cunha superficie de 1000 metros cadrados, se destinase  para biblioteca entre outros usos dotacionais.

Desde a Asociación Veciñal de Teis, defendemos que neste edificio acolla unha biblioteca, ludoteca e local xuvenil. E non se limite só a unha sala de lectura e que perdamos unha oportunidade de dotar a Teis dunha boa dotación sociocultural.

O goberno municipal leva 10 anos anunciando a remodelación deste edificio, e incluindo partidas nos orzamentos que non se executan o  pero estamos a finais de 2024,  aínda non comezaron as obras  e a cantidade que figura neste orzamento parécenos insuficiente para a remodelación do edificio  e a posta en funcionamento da biblioteca en 2025.

Piscina municipal

No orzamento xeral do Concello de Vigo, observamos que figura unha partida  de unicamente 600.000 euros, para a  reforma da piscina municipal de Teis.

A piscina municipal da parroquia, leva pechada máis 29 meses, logo do incendio ocorrido en 28 de maio de 2022.

Isto provoca  que os/as 1500 usuarios/as desta instalación deportiva (piscina e ximnasio), teñan que desprazarse a outras instalacións  municipais, como Lavadores e As Travesas.

Tamén afecta as actividades extraescolares dos centros educativos de Teis, nalgún caso están desprazados a outra piscina con menos prazas ou sen actividade extraescolar.

Logo de tanto tempo aínda non esta nin redactado o proxecto para realizar a reforma da piscina municipal e a partida que figura neste orzamento é insuficiente, para que ao longo de 2025 a reforma desta piscina este realizada. 

Iluminación parque da Guía

Que estudada a documentación da aprobación inicial do orzamento xeral do Concello de Vigo, observamos que figura unha partida unicamente de 10.000 euros, para iluminación do parque da Guía.

 O goberno municipal anunciou en decembro de 2021, a mellora da iluminación  do parque da Guía, que incluíaa avenida de Dona Fermina e a capela. Na comisión de goberno do 28 de xullo de 2023, aprobase o expediente de contratación das obras do proxecto de mellora da iluminación, pero en decembro de 2024, está obra non se realizou.

O que máis  sorprende e que no orzamento de 2025, só figura unha partida de 10.000 euros.

Deja una respuesta

Hide picture