Vigo, Galicia
Vigo

La A.V. de Teis, rechaza una “ sala de lectura “ y exigimos una  “ biblioteca”

video
play-sharp-fill

A Asociación Veciñal de Teis, coincidindo coa celebración do día do libro, 23 de abril, denunciamos unha vez máis que levamos case 11 anos, agardando pola construción da biblioteca anunciada polo goberno municipal.

Defendemos que a biblioteca de Teis, sexa  unha dotación cultural do século XXI, que conte con libros, e non se limite a unha simple sala de lectura, como se pretende desde o  goberno municipal.

Nestes anos Abel Caballero, Alcalde de Vigo, anunciou en máis 20 ocasións a construción da biblioteca para Teis, e a día de hoxe  aínda  non se derrubou o edificio actual, paso previo para a construción da biblioteca.

Abel Caballero, Alcalde de Vigo, quer  facer realmente unha sala de lectura en Teis, así o recolle o propio prego de condicións da edificación aprobado en xunta de goberno 21/03/2025: “ Las obras a ejecutar consisten en la realización de la reforma de un edificio declarado en ruína técnica por lo que se demolerá en primer lugar, para construír otro mas actual para uso de sala de lectura.”

Tamén,  desaproveitase a superficie que ocupa o antigo edificio do centro de saúde, que na actualidade  ten 3 andares e un semisoto e agora pretende facerse un edificio de tan só 2 andares, limitando o espazo desta dotación cultural.

Abel Caballero,  estivo mentido a veciñanza de Teis, de xeito reiterado ao longo destes anos, anunciando unha biblioteca, que non vai existir, se non se modifica o proxecto. Unha biblioteca pode ter unha sala de lectura, pero unha sala de lectura, nunca vai ser unha biblioteca.

Desde  a Asociación Veciñal de Teis,  esiximos do goberno municipal    a construción  dunha biblioteca  e rexeitamos unha sala de lectura.   Xa chega de anuncios e enganos. Teis, necesita unha biblioteca.

Deja una respuesta

Hide picture