Vigo, Galicia
Vigo

La A.V. de Teis, organiza este sábado 22 a las 12:00h, un acto por el día de Rosalía y reivindicar la biblioteca para Teis.

A Asociación Veciñal de Teis, organiza un acto cultural para conmemorar  o nacemento de Rosalía de Castro (23/02/1837), este vindeiro sábado 22 de febreiro ás 12:00 horas, diante do edificio do antigo centro de saúde ( rúa Enrique Lorenzo).

Neste acto contaremos coa actuación do grupo de gaitas da Asociación e a lectura pública de textos de poemas de Rosalía de Castro.  

Este acto cultural queremos difundir a obra da nosa poeta nacional,  referente da nosa literatura, comprometida ao longo da súa vida co seu pobo, a través da súa obra literaria. Ademais, queremos amosar a importancia de promover  o seu uso  e a defensa da nosa  lingua.

Case 11 anos, agardando pola biblioteca.

A decisión de celebrar este acto cultural diante do edificio do antigo centro de saúde, ten como obxectivo lembrar  a necesidade dunha biblioteca para Teis e que se anunciou hai case 11 anos.

A nosa cidade conta cun escaso número de bibliotecas, a última foi a biblioteca “ Xosé Neira Vilas “, no Calvario, inaugurada en 2011, e desde aquela non se construíu ningunha biblioteca máis en Vigo.

Defendemos que a biblioteca de Teis, sexa  unha dotación cultural do século XXI, que conte con libros, e non se limite a unha simple sala de lectura, como se pretende desde o  goberno municipal.

Despois de tantos anos queremos avanzos reais na construción da biblioteca de Teis, pois até o de agora, nestes  case 11 anos, houbo moitos anuncios máis de 20, infografías, pero ningún avanzo real.

A día hoxe  aínda non se derrubou o edificio actual, paso previo necesario para a construción da nova biblioteca, no orzamento municipal  de 2025 figuran 900.000 euros e aínda non se gastou nin un só euro, nesta dotación cultural.    

Desde a Asociación Veciñal de Teis, esiximos a Abel Caballero, Alcalde de Vigo, coñecer o proxecto definitivo que garanta unha biblioteca para Teis, unha data para o derrubo do actual edificio e  para o comezo das obras da nova biblioteca

Deja una respuesta