Desde a Asociación Veciñal de Teis, queremos denunciar que o pasado luns 6 de xaneiro, produciuse unha nova rotura na rede de abastecemento de auga na Subida a Ponte, que deixou sen auga a veciñanza durante 5 horas.
Isto non é un caso illado levan como mínimo 11 anos, con roturas na rede de abastecemento de auga a veciñanza da Subida a Ponte. Xa perdemos a conta das roturas na Subida a Ponte e o Concello de Vigo non toma medidas.
Estas roturas prodúcense con moita frecuencia debido ao mal estado da rede de abastecemento de auga, ao tratarse dunha rede de fibra de cemento.
Desde a Asociación dirixímonos ao Concello e a empresa concesionaria “ Aqualia “ en repetidas ocasións denunciando está situación e demandando solucións.
Plan de mellora da rede de abastecemento en Teis
No mes de xullo de 2024, desde a Asociación Veciñal de Teis, solicitamos a inclusión de varias rúas de Teis ( Campa, Subida a Ponte e Travesía de Chane) no plan de investimentos de Aqualia, e se nos contestou que se terían en conta as nosas peticións, pero logo de case seis meses, aínda non se actuou en ningunha destas rúas.
Ademais, agora tamén temos constancia de continuas roturas no camiño de Gondesende, no que tamén habería que renovar a rede.
Non día de onte, diriximonos unha vez máis a concesionaria “ Aqualia “ e a concellaría de Fomento, solicitando que se actúe de xeito inmediato, na renovación da rede de abastecemento de auga na rúa da Campa, Subida a Ponte, Travesía de Chane e no camiño de Gondesende.

