Vigo, Galicia
Galicia Vigo

Kyliam el primero bebé nacido en Galicia en el año 2024. tuvo lugar en el Hospital Álvaro Cunqueiro

Kyliam é o nome do primeiro bebé nacido en Galicia no ano 2024. O nacemento tivo lugar no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo ás 00:00 horas cun peso de 3,420 kg. A súa nai e o seu pai son unha parella primeiriza do Concello de Gondomar.

Segunda en nacer en Aninovo foi Cloe, tamén no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, ás 00:04 horas e cun peso de 2,905 kg. É a segunda filla dunha parella do Concello de Salvaterra do Miño.

O terceiro nacemento de Galicia do ano foi Paula, ás 00:10 horas. A súa nai, Corina, deu a luz no Hospital Materno Infantil Teresa Herrera da Coruña e a bebé pesou 2,640 kg.

Deja una respuesta

Hide picture