O 17 de outubro, as afiliadas e afiliados de Esquerda Unida de Vigo escolleron en asemblea a nova Coordinadora Local da organización.Esta renovación prodúcese tras un ciclo político de oito anos con representación institucional, cheo de aprendizaxes e boas experiencias.
Con este cambio,Esquerda Unidade Vigodá comezo a un novo tempomarcado pola serenidade e a reflexión, no que seguir aportando iniciativas concretas que melloren a vida das nosas veciñas e veciños.
A nova direcciónten unha proposta decidida por mellorar a posición de Esquerda Unida en Vigo e, ao mesmo tempo, tender a man atodas aquelas persoas que queiran apostar por unha cidade máis sostible, solidaria e colaborativa.
Catorcepersoas forman o novo equipo plural e paritario da organización.O vigués Guillermo Crego éa persoa escollida pola militancia para dinamizar, de maneira colaborativa,a agrupación viguesa como novo Coordinador Local.
A nova responsable de OrganizaciónLocal é Tania Rodríguez, encargada da xestión interna de Esquerda Unida de Vigo, así como da relación con outras plataformas ou organizacións. Esta áreatendúas responsabilidades adxuntas: Finanzas, con Mabel García como responsable;Afiliación,a cargo de Chus Álvarez.
Rubén Pérez, o anterior Coordinador Local, é o novo responsable da área de Municipalismo.Completan o equipo Andrés Argüeso, en Cultura; Fiona Brennan, como coordinadora da área de Muller; Carlos Fernández na de Acción Política; Ernesto Suárez en Memoria Democrática; e cinco vogais polivalentes cuxas funcións variarán segundo as necesidades da organización.
