Hoxe por segunda vez e por moito que se escuse o alcalde de Vigo pechase un dos parques da
cidade. De novo Coruxo o parque que atende a metade sur da cidade volve a estar pechado por
faia de persoal. Os números seguen sen dar por moito que afirme o señor alcalde que teñen un
informe que desacredita esto, a realidade volve a poñer todo no seu sitio,cando non cúbres
vacantes,non levas o días as ofertas de emprego,non actualizas o número de bombeiros a
realidade actual ; deixas baixo mínimos os servizos públicos.
Hoxe durante 24h a cidade de Vigo conta con 12 bombeiros dos 20 mínimos que debería ter,dos
cales dous son bombeiros-conductor,polo que os máis de 20 vehículos cos que conta o servizo
van estar inutilizados.So podemos facer frente a emerxencias no vehículo de primeira saída e a
escaleira de rescate en altura.
A seguridade de novo da cidade e dos bombeiros volver a estar no aire gracias a deixadez
municipal,parece ser que queren contratar 11 interinos para cubrir as vacantes,pero tarde e mal.
Esta situacion a viñamos denunciando fai meses e fixeron caso omiso, agora vai chegar tarde
porque como moi pronto estarán traballando no servizo estes novos compañeiros dentro de
tres meses.
Dende a sección sindical da CUT estamos plantexando a denuncia penal pola reiterada deixadez
nas obrigas en prevención de riscos laborais así como da obriga na protección dos cidadáns da
cidade de Vigo.
Vigo
Este viernes se volvió a cerrar el parque de bomberos Coruxo por falta de personal
- julio 22, 2023
- 0 Comentarios
- hace 3 años
Comparte esta noticia:
Noticias relacionadas
Vigo
Un proyecto del Álvaro Cunqueiro recibe medio millón de euros para investigación
septiembre 17, 2023
