Vigo, Galicia
General Vigo

Esta tarde los vecinos de la Rúa Párroco Don Serafín se concetraron para pedir mejoras del abastecimiento de agua.

video
play-sharp-fill

Esta a tarde  veciñanza concentrouse na rúa párroco Don Serafín, para esixir a  mellora do abastecemento de auga desta rúa e denunciar o abandono desta rúa. 

A veciñanza da rúa párroco Don Serafín, padece desde hai moitos anos continuas roturas da tubaxe da rede de abastecemento de auga. Isto supuxo cortes do subministro continuos, obras na rúa e o deterioro do firme desta rúa, desde hai anos.

O pasado mes de xullo como as roturas eran continuas Aqualia realizou un “ bay pass “ coa colocación en varios tramos da rúa de tubaxe ao descuberto, como unha medida provisional para evitar as continuas roturas.

Daquela desde a Asociación falamos coa concellaría de Fomento, que se comprometeu nuns meses a realizar un proxecto para realizar a substitución desta tubaxe.

Despois de catro meses a situación da rúa segue cun remendo e non hai unha data real para a renovación do abastecemento de auga.

Hai varias semanas dirixímonos novamente por escrito a Concellaría de Fomento e a empresa concesionaria Aqualia, solicitando coñecer o proxecto de renovación urxente do abastecemento de auga da rúa párroco Don Serafín.  A empresa concesionaria Aqualia, respondeu esta semana que aínda están redactando o proxecto, que logo aínda enviaran ao Concello.

Nova concentración o sábado 17 de decembro

Ao finalizar a concentración na asemblea celebrada acordouse continuar coas mobilizacións e convocar unha nova concentración o sábado 17 de decembro ás 17.00 horas

Deja una respuesta

Hide picture