Vigo, Galicia
Vigo

El TSXG ratifica la condena impuesta a la Autoridad Portuaria de Vigo por vulneración del derecho de libertad sindical

El TSXG ratifica la condena impuesta a la Autoridad Portuaria de Vigo por vulneración el derecho de libertad sindicalDesestima o recurso presentado contra a sentenza do Xulgado do Social por discriminación dunha delegada da CIG nun proceso interno

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) vén de desestimar o recurso de suplicación presentado pola
Autoridade Portuaria de Vigo (APV) contra a sentenza do Xulgado do Social que en decembro de 2022
condenou o organismo estatal por vulnerar o dereito de liberdade sindical ao discriminar a unha delegada da
CIG nun proceso interno. De xeito que o TSXG ratifica tanto a “nulidade radical” dun nomeamento que foi feito
a dedo como a correspondente indemnización á traballadora afectada.
Dende a sección sindical da CIG indican que “o resultado é o esperado, pois o tema estaba ben claro. A
Autoridade Portuaria, coa complicidade de UGT e CCOO, sáltase sistematicamente o modelo de xestión por
competencias co fin de vulnerar os dereitos das delegadas/os da CIG. O feito no é illado, aínda que si foi o
único que acabou denunciado no xulgado”.
Din non entender ademais como o presidente da APV, Jesús Vázquez Almuíña, recorreu no seu momento unha
sentenza “clara e contundente, permitindo que a irregularidade perdurase no tempo, facendo caso omiso do
fallo do xuíz do Xulgado do Social”. En consecuencia, o recurso fixo que a cantidade a indemnizar aumentase
de maneira considerábel, duplicándose ademais o gasto, “pois o traballador mobilizado de maneira irregular
segue ocupando a día de hoxe o posto de xefe de servizo e percibindo unha diferencia salarial que, en todo
caso, tiña que ser percibida pola delegada da CIG, xa que a sentenza do Xulgado do Social anulara o
nomeamento”.
Con todo, na central sindical sospeitan que o secretario xeral da APV, José Ramón Costas Alonso, recorrerá
novamente a sentenza, algo que, en palabras do voceiro da CIG no organismo estatal, Diego González, “sería
outra gran irresponsabilidade, pois estamos a falar de diñeiro público”. Neste senso, sinala que se tras a
sentenza do Xulgado do Social o secretario xeral e o presidente tivesen acatado o fallo, o gasto veríase
reducido considerablemente. “
“Tampouco nos resulta estraño que o fagan, pois vén sendo habitual que os mandatarios do PP deixen de lado
a xestión dos recursos humanos, delegando as decisións nun secretario que adoita pensar que é amo e señor
da Administración, vulnerando continuamente os dereitos das nosas delegadas/os, con represalias continuas a
fin de tentar intimidarnos e limitar a nosa actividade sindical, actitude que, contra a CIG, non lle vai dar
resultado”, advirte.
Dende a sección sindical da CIG na APV denuncian que as irregularidades non cesaron e que a empresa “conta
coa complicidade de CCOO e UGT”, polo que activarán todas as vías posíbeis e seguirán a loitar para que se
respecte o III Convenio Colectivo e o modelo de xestión por competencias. Finalmente, adiantan que ante a
gran cantidade de irregularidades que tiveron lugar na APV nestes últimos dous anos a central está barallando
“ir un paso máis alá” porque “pensamos que certas irregularidades poden superar xa o ámbito social, pois hai
prácticas que, ao noso parecer, encaixan na definición da prevaricación administrativa”

Deja una respuesta

Hide picture