Vigo, Galicia
Galicia General Vigo

El servicio de rehabilitación del Chuvi edita un libro sobre técnicas intervencionistas del hombro doloroso

Trátase dun proxecto de formación coordinado polo xefe de servizo, Javier Juan, que tamén conta coa colaboración de profesionais doutras áreas sanitarias de Galicia

Na última década tense incorporado novas técnicas de rehabilitación intervencionista que melloran a asistencia do ombreiro doloroso, que é unha das patoloxías do aparello locomotor máis frecuentes

A Unidade de Alta Resolución do Ombreiro da Área Sanitaria de Vigo atende a 1.750 pacientes anuai

O servizo de Medicina Física e Rehabilitación da Área Sanitaria de Vigo ven de editar un libro titulado “Notas en rehabilitación intervencionsita del hombro doloroso”, que tamén contou coa colaboración de profesionais doutras áreas sanitarias de Galicia.

Trátase dun proxecto de formación liderado e coordinado polo xefe de servizo de Rehabilitación do Chuvi, Javier Juan, para fomentar a formación dos especialistas nas técnicas intervencionistas en patoloxía dolorosa do ombreiro.

Segundo explica o doutor Juan “o ombreiro doloroso constitúe unha das patoloxías máis frecuentes entre todas as do aparello locomotor, e o emprego dun correcto tratamento afecta considerablemente á calidade de vida do paciente. Na última década tense avanzado moito nas terapias grazas a incorporación do novos procedementos realizados polo médico rehabilitador, as chamadas técnicas de rehabilitación intervencionista, que melloran a asistencia a estas patoloxías de xeito moi significativo.”

Primeiro libro dedicado á rehabilitación intervencionista

As causas desta dor poden deberse a diferentes procesos patolóxicos como os tendinosos, inflamatorios e, sobre todo, a procesos dexenerativos articulares que cursan con discapacidade. En definitiva, trátase dunha afección común en adultos e unha causa prioritaria de discapacidade funcional, polo que representa un problema médico e socioeconómico importante.

“A alta prevaleza de lesións tendinosas, calcificacións, inflamacións da cápsula, afectación por ictus, etcétera, precisa de expertos que saiban valorar e empregar un tratamento axeitado para mellorar a calidade de vida do paciente; de ahí, a finalidade docente desta publicación”.

O libro estrutúrase en 11 capítulos, desenvolvidos por médicos rehabilitadores do Chuvi e por profesionais de A Coruña, Santiago e Ourense, que teñen colaborado como membros da Escola de Rehabilitación Intervencionista da Sociedad Gallega de Rehabilitación (SOGARMEF). Os exemplares serán distribuídos a través desta Sociedade

Deja una respuesta