Vigo, Galicia
Vigo

El servicio de Neumología habilitó un Punto informativo en el Hospital Álvaro Cunqueiro para dar a conocer la EPOC, enfermedad muy infradiagnosticad

Un dos obxectivos do Sergas é mellorar o infradiagnóstico desta patoloxía, especialmente nas mulleres

A Consellería de Sanidade presentou un novo proceso asistencial integrado desta patoloxía elaborado con perspectiva de xénero

O servizo de Pneumoloxía da Área Sanitaria de Vigo habilitou unha mesa informativa no hospital Álvaro Cunqueiro para informar á cidadanía sobre a enfermidade da Epoc. Esta actividade enmárcase nas diferentes accións conmemorativas do Día Mundial da Enfermidade Pulmonar Obstrutiva Crónica que este ano se desenvolve baixo o lema “Respirar é vivir. Actúa pronto”.

Nesta ocasión os profesionais realizaron un test aos usuarios que se achegaban ata o punto informativo, para valorar o seu coñecemento da enfermidade. Aqueles que acertaron o cuestionario recibiron un agasallo.

Con esta actividade, os profesionais querían dar a coñecer á poboación esta patoloxía, que segue sendo unha das máis descoñecidas e menos diagnosticadas, a pesar de que a súa prevaleza foi incrementando nas últimos anos. De feito, en Galicia afecta ao 16 dos adultos de máis de 40 anos. Ademais, en torno ao 73% das persoas galegas que a padecen non o saben.

O tabaco, principal causa

A Enfermidade Pulmonar Obstrutiva Crónica (EPOC) é unha obstrución crónica das vías respiratorias que dificulta moito a respiración aos afectados e que está causada fundamentalmente polo tabaco. Os síntomas máis comúns da enfermidade son a dispnea (respiración difícil ou desproporcionada á actividade física realizada), tose, ou aumento da produción de esputos, entre outros. Estes síntomas poden limitar a capacidade dos pacientes para desenvolver as súas actividades cotiás.

Reducir infradiagnóstico nas mulleres

Precisamente, hai uns meses a Consellería de Sanidade presentou a actualización do Proceso Asistencial Integrado (PAI) de Enfermidade Pulmonar Obstrutiva Crónica (EPOC) que engade como principal novidade a perspectiva de xénero no diagnóstico e tratamento.

O obxectivo é reducir os niveis de infradiagnóstico estimado entre as mulleres (86%), xa que é máis elevado que en homes (67,6%).

Asimesmo os sintomas son diferentes en función do sexo do paciente: as mulleres presentan maior porcentaxe de disnea, sibilancias, hiperreactivididade bronquial e peor calidade de vida que os homes e, pola contra, as mulleres refiren menos tose e expectoración.

Así unha das iniciativas para reducir o infradiagnóstico, vai ser a promoción nos centros de atención primaria, da realización de espirometrías a mulleres fumadoras de máis de 10 paquetes ao ano.

Igualmente, incidirase nos programas de deshabituación tabáquica nas mulleres, en liña co Plan Inspira Saúde da Consellería de Sanidade.

Deja una respuesta