- O director xeral de Asistencia Sanitaria visitou hoxe as novas instalacións, nas que a Xunta de Galicia investiu preto de 300.00 euros
- A nova área permite que os profesionais poidan practicar necropsias de nivel de bioseguridade 3, o máximo nivel de protección para o seu traballo
- O servizo de Anatomía Patolóxica realiza un centenar de autopsias clínicas anuais
O servizo de Anatomía Patolóxica do Álvaro Cunqueiro estreou unha nova Unidade de Necropsias. O director xeral de Asistencia Sanitaria, Jorge Aboal, visitou hoxe as novas instalacións, nas que a Xunta de Galicia realizou un investimento de preto de 300.000 euros.
O obxectivo desta obra de reforma era que os profesionais de Anatomía Patolóxica poidan practicar en Vigo necropsias de nivel de bioseguridade 3, o máximo nivel de protección para o seu traballo, garantindo a súa seguridade fronte a axentes infecciosos. Así, agora nesta nova sala pódese realizar calquera tipo de autopsia clínica, con independencia dos patóxenos causantes do éxitus.
A obra consistiu basicamente en potenciar a presión negativa da sala de Autopsias, e dotar a área dunha esclusa con dobre circuíto de acceso, de entrada e saída.
O servizo de Anatomía Patolóxica realiza un centenar de autopsias clínicas anuais .
