Vigo, Galicia
Galicia Política

El PPdeG acusa a Pontón de “situarse en el lado incorrecto” con su visita a México y apoyando a Maduro con la connivencia de sus socios del PSOE

Paula Prado ofreceu declaracións aos medios esta mañá en Santiago de Compostela acompañada polo coordinador de Acción Exterior do partido, Rubén del Río, e o concelleiro compostelán Adrián Villa

video
play-sharp-fill


●         “O BNG recupera as súas ideas extremas e sitúase do lado de partidos como Sumar, Podemos, Bildu ou ERC, que só buscan ir en contra de España e das súas institucións”, apunta Paula Prado

●         A secretaria xeral dos populares galegos pide a nacionalistas e socialistas que rectifiquen a súa postura sobre a situación de Venezuela: “Deberían deixar de situarse ao carón da ditadura e poñerse do lado da democracia”

O Partido Popular de Galicia acusa ao BNG de “situarse no lado incorrecto” coa súa decisión de apoiar o veto da presidenta electa de México ao rei Felipe VI e co seu apoio á ditadura de Nicolás Maduro en Venezuela, polo que esixen aos seus socios do PSdeG que lle pidan explicacións por esta “falta de respecto” a Galicia e ao conxunto de España.

En declaracións aos medios esta mañá en Santiago de Compostela –acompañada polo coordinador de Acción Exterior do PPdeG, Rubén del Río, e o concelleiro compostelán Adrián Villa–, a secretaria xeral dos populares galegos criticou a “inxustificada” decisión da presidenta electa de México de non invitar ao Rei de España á súa investidura e afeou a Ana Pontón a súa presenza neste acto.

“O BNG, unha vez máis, recupera as súas ideas extremas e sitúase do lado de partidos como Sumar, Podemos, Bildu ou ERC, que só buscan ir en contra de España e das súas institucións”, afirmou ao tempo que lamentaba que o PSOE galego, en calidade de socio dos nacionalistas en moitas institucións, “non lle teña pedido á señora Pontón e ao seu partido que rectifiquen e pidan perdón aos españois por esta inxustificada aldraxe”.

Contrapuxo esta actitude coa dun PPdeG que, reivindicou, estará sempre “ao carón das institucións, do Estado de Dereito e do Xefe do Estado” ao igual que o está do pobo venezolano que hoxe protagonizará unha marcha mundial para pedir liberdade en Venezuela e o recoñecemento de Edmundo González como presidente lexítimo.

“O PSOE e o BNG deberían rectificar, deixar de situarse ao carón de Maduro e poñerse do lado dos milleiros de venezolanos que tiveron que abandonar o seu país e dos máis de 30.000 galegos e galegas que residen en Venezuela e están a sufrir a vulneración de dereitos e liberdades por parte do réxime bolivariano”, explicou.

Paula Prado concluíu neste sentido pedindo a socialistas e nacionalistas que “chamen ao que está pasando en Venezuela polo seu nome: ditadura” e que, dunha vez por todas, “se poñan do lado da democracia e non da ditadura”

Deja una respuesta

Hide picture