Vigo, Galicia
Vigo

El Hospital público Álvaro Cunqueiro galardonado en los premios ‘Sanidad por el clima’ por su proyecto de autonomía energética y mejora de la sostenibilidad

  • A ampliación da instalación fotovoltaica do hospital vigués fíxose merecedora dun recoñecemento a nivel europeo
  • A instalación de máis de 5.400 placas solares para producir enerxía eléctrica encádrase na Estratexia de Economía Circular do Servizo Galego de Saúde
  • O proxecto permitirá acadar os 3.578 kW de potencia pico e evitará a emisión de 1.500 toneladas de CO₂ ao ano

O proxecto de autonomía enerxética e mellora da sostibilidade do Hospital Alvaro Cunqueiro vén de ser galardoado nos premios “Sanidad por el clima”. Así, a ampliación e modernización da instalación fotovoltaica do centro hospitalario vigués recibe un novo recoñecemento polo seu compromiso co medio ambiente.

A instalación de máis de 5.400 placas solares para producir enerxía eléctrica encádrase na Estratexia de Economía Circular que promove o Servizo Galego de Saúde, e incide nos seus obxectivos de sostibilidade e redución de emisións de CO₂ para o ano 2025.

En concreto, o proxecto contempla a ampliación da instalación solar fotovoltaica ata acadar os 3.578 kW de potencia pico, o que permitirá evitar a emisión de 1.500 toneladas de CO₂ ao ano á atmosfera e ata 37.000 toneladas de CO₂ en 25 anos.

Esta actuación, complementa a produción, xa desde o ano 2023, do 33% de enerxía calorífica total con dúas caldeiras de biomasa, achegando melloras substanciais e ratificando o desenvolvemento de accións innovadoras e estratexias de descarbonización do Servizo Galego de Saúde.

Recoñecementos a nivel nacional e internacional

Nos últimos anos, o hospital Álvaro Cunqueiro recibiu o Premio Internacional ao Mellor Hospital do futuro no ámbito de saúde, tamén foi o primeiro centro sanitario de España en ser recoñecido coa Certificación Breeam de construción sostible, e conta coa Certificación ISO 50001:2018 sobre deseño e xestión enerxética.

Os premios “Sanidade por el clima” pretenden visibilizar as accións dos centros hospitalarios nacionais e impulsar aquelas propostas que conleven un avance superlativo sobre os obxectivos establecidos contra a emerxencia climática.

Neste senso, durante a Conferencia das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático (COP26), un grupo de 50 países comprometéronse a desenvolver sistemas de saúde resilientes fronte ao

cambio climático e con baixas emisións de carbono como resposta para os efectos do cambio climático sobre a saúde das persoas.

Así, o Servizo Galego de Saúde leva dúas décadas traballando en prol da sostibilidade do sistema sanitario público galego e, desde a COP 25, está presente en eventos e grupos de traballo para mellorar a saúde das persoas sen danar o planeta.

Por este motivo, segue a traballar na súa Estratexia de economía circular co ánimo de artellar novos proxectos para os hospitais e centros de saúde galegos co obxectivo de reducir o seu impacto ambiental e así garantir a súa sostibilidade.

Deja una respuesta

Hide picture