Trátase de 15 obras de arte, realizadas con técnicas de macramé e puntillismo, elaboradas por usuarios da Fundación Santa Cruz e dedicadas ao Día das Letras galegas
O Hospital Álvaro Cunqueiro inaugurou hoxe a exposición “Galicia é arte” con obras realizadas por usuarios da Fundación da Santa Cruz . A mostra foi inaugurada polo xerente da Área Sanitaria de Vigo, Javier Puente, e a directora da Fundación en Galicia, Soledad Pomar.
A Fundación da Santa Cruz é unha entidade social situada no barrio vigués de Teis cuxa finalidade é protexer ao maior numero de persoas que viven en situacións de exclusión e promover a súa integración social e independencia persoal.
Galicia é arte e un proxecto que consistiu en realizar 15 obras de arte coas técnicas de macramé e puntillismo dedicadas ao día das letras galegas. Segundo afirman desde a Fundación, estas técnicas teñen múltiples beneficios xa que axudan a mellorar a psicomotricidade; potencian a concentración e atención e reducen os niveis de estrés.
“O noso obxectivo final é darlle visibilidade a ese proxecto e que os nosos residentes observen que o seu traballo,dedicación e esforzo é visto e valorado por outras persoas o que repercute directamente na mellora da súa autoestima”.
