Vigo, Galicia
Vigo

El comité de Vitrasa convoca movilizaciones indefinidas para forzar una solución al conflicto

Desenvolverá paros parciais e xornadas de folga a partir do vindeiro luns 18 de setembro

O comité de empresa de Vitrasa, concesionaria do servizo de
transporte urbano do Concello de Vigo, vén de anunciar a convocatoria de mobilizacións
indefinidas a partir do vindeiro luns 18 de setembro para forzar unha solución ao conflito
laboral que manteñen coa empresa dende hai xa varios anos. As medidas de presión incluirán
tanto paros parciais como xornadas de folga completas, ademais de manifestacións e
concentracións en distintos puntos da cidade.
O anuncio da representación sindical tivo lugar hoxe tras o debate dunha moción no pleno
sobre o conflito laboral en Vitrasa presentada polo BNG para reclamarlle ao Goberno local a
apertura dun expediente sancionador contra a compañía polos reiterados incumprimentos das
condicións do servizo e das súas obrigas co persoal. A moción foi finalmente denegada cos
votos do grupo de Goberno.
Tras participar na sesión, os membros do comité desprazáronse até o cruzamento da Gran Vía
con Urzaiz para protestar ao berro de “Vitrasa solución” e “Menos luces e máis autobuses”
nun acto de presentación das luces do Nadal no que estivo presente o alcalde.
Dende a representación sindical detallaron que as medidas de presión que comezarán o
próximo luns 18 e que se prolongarán até lograr que as demandas do persoal sexan atendidas
consistirán en paros parciais en determinados tramos horarios, mais tamén en xornadas de
folga completas, como a prevista para o venres 22 de setembro. Ese día desenvolverán tamén
unha manifestación que arrincará dos Choróns ás 19:00 horas e rematará na praza de
Compostela.
“Lamentamos o inmobilismo da dirección e do Concello, que tras dous anos de conflito nun
servizo esencial para a cidadanía non se preocuparon por intentar atopar unha solución”,
sinala o comité. Ao mesmo tempo, indican que “semella que a empresa se atopa cómoda cuns
servizos mínimos feitos a medida polo Goberno local, os que eliminan as liñas do extrarradio,
as máis deficitarias economicamente, mentres que as que teñen maior volume de viaxeiros/as
atópanse practicamente ao 100%, aumentando así a rendibilidade da explotación”.
Finalmente, inciden en que a falta de acordo entre o Concello e a dirección da compañía está a
provocar a cronificación do conflito, prexudicado gravemente a cidadanía. “Cando o propio
alcalde nos asegurou hai catro meses que o reequilibrio económico que esixe Vitrasa era
inminente”.

Deja una respuesta