Vigo, Galicia
Vigo

El Chuvi utiliza nuevos tratamientos de alta eficacia para la incontinencia urinaria y anal.

Na Semana Mundial da Continencia os especialistas aseguran que un 60% dos maiores de 60 anos presentan algún tipo de incontinencia; hoxe en día disponse de tratamentos resolutivos que reverten ou melloran esa situación

O Chuvi puxo en marcha este ano unha nova Unidade Funcional Multidisciplinar de Solo Pélvico (UMFSP), e as pacientes poden ser derivadas a ela directamente desde atención primaria

-O servizo de Uroloxía presenta a maior serie de Galicia de varios procedementos, o da Inxección de Bulkamid para incontinencia feminina e a do esfínter urinario artificial para a masculina

-Das 35 pacientes tratadas coa Inxección intrauretral, que introduce material de recheo para reducir a anchura da uretra, o 88% recuperaron a continencia

-En canto á incontinencia fecal, a Unidade de Coloproctoloxía realiza 300 manometrías e ecografías anorectais anuais para o diagnóstico destes pacientes

O Complexo Hospitalario Universitario de Vigo está utilizando os tratamentos máis novidosos e eficaces para a incontinencia urinaria e anal, que se calcula afecta aproximadamente a un 60% das persoas maiores de 60 anos. Así o aseguraron hoxe os especialistas con motivo da celebración da Semana Mundial de Continencia.

Hai que subliñar que o Chuvi puxo en marcha este ano unha nova Unidade Funcional Multidisciplinar de Solo Pélvico (UMFSP) especificamente para mulleres. Esta Unidade está composta por especialistas en Rehabilitación, Uroloxía, Cirurxía xeral, Xinecoloxía e Fisioterapia hospitalaria, en coordinación cos profesionais de atención primaria (médicos, matronas e fisioterapeutas).

Trátase dunha vía específica para a atención a mulleres con incontinencia que non evolucionan ben cun tratamento básico en Atención Primaria, e que requiren dispositivos asistenciais hospitalarios. Así, as pacientes poden ser derivadas directamente desde o centro de saúde, e serán atendidas polo especialista hospitalario correspondente segundo o seu síntoma principal.

A coordinación desta nova Unidade é rotatoria e este primeiro ano correspóndelle ao servizo de Rehabilitación, en concreto ao seu xefe de servizo Dr. Javier Juan.

Uroloxía, maior experiencia de Galicia

Neste contexto, o servizo de Uroloxía realizou un balance das últimas técnicas sumadas a súa carteira de servizos, a Inxección de Bulkamid e as novidades incorporadas ao Esfínter urinario artificial.

En ambos procedementos, o servizo vigués é o que presenta maior experiencia xa que conta coa serie máis alta de pacientes tratados de de toda Galicia.

A Inxección de Bulkamid é unha técnica minimamente invasiva incorporada o pasado ano á carteira de servizos de Uroloxía para tratar a incontinencia urinaria feminina. Baséase na inxección dun material de recheo (macropolímero) nas paredes da uretra, para reducir a súa anchura e axudar a reter os ouriños.

Segundo afirma o urólogo Carlos Müller “estamos moi satisfeitos cos resultados obtidos neste primeiro ano, xa que das 35 pacientes que levamos tratadas, conseguimos reverter completamente a incontinencia nun 88% delas, mentres que o resto mellorou a súa situación de xeito moi significativo. Ademais de ser un tratamento resolutivo, presenta grandes vantaxes xa que é un procedemento ambulatorio, que non necesita anestesia xeral nin raquídea, cun tempo de cirurxía aproximado de 12 minutos. A paciente non precisa sondas, permanece no hospital tan solo dúas horas, e tampouco require de coidados ou repouso postoperatorio”.

Para a incontinencia urinaria masculina, unha das técnicas utilizadas é a colocación do esfínter urinario artificial, que no último ano ten experimentado importante melloras no tema da axustabilidade, “feito que nos permite ser máis precisos no control das perdas, así como corrixir as posibles variacións no tempo. Eses axustes tamén se realiza de xeito ambulatorio, sen ingreso”, explica o doutor Müller.

Os urólogos do Chuvi implantan este esfínter artificial a unha media de 20 pacientes anuais.

300 probas anuais para diagnosticar a incontinencia anal

En canto á incontinencia anal, a Unidade de Coloproctoloxía do servizo de Cirurxía Xeral e Dixestiva é a encargada de estudar e tratar a estes pacientes. Este servizo realiza anualmente máis de 300 manometrías e ecografías anorrectais para diagnosticar esta patoloxía.

A incontinencia fecal afecta a un 7,7% da poboación, con maior incidencia nos maiores de 70 anos, sobre todo nos pacientes institucionalizados (nos que pódense acadar cifras de incidencia de entre un 30-45%). Sen embargo, os especialistas insisten en que a incontinencia non forma parte do envellecemento normal. Na maioría das ocasiones presenta unha orixe multifactorial.

A causa máis común de lesión estrutural dos esfínteres anais é o traumatismo obstétrico, máis frecuente en mulleres mozas. En varóns maiores de 70 anos o principal motivo sole ser secundario a tratamentos de cáncer de próstata e recto.

Segundo explican os cirurxiáns Enrique Moncada e Vincenzo Vigorita, existen varios tipos de tratamentos, como a reconstrución do esfínter naqueles casos moi puntuais de lesións ou traumatismos postparto, e as terapias minimamente invasivas.

“Hoxe en día empregamos cada vez máis este tipo de tratamentos pouco invasivos, baseados na inxección de sustancias que aumentan o volume entre os esfínteres, na implantación de esfínter artificial, ou na estimulación a través de corrente eléctrica do nervio tibial posterior ou das raíces sacras. Todos eles presentan uns resultados moi satisfactorios e os pacientes experimentan unha importante melloría na súa calidade vida”.

Deja una respuesta

Hide picture