Vigo, Galicia
Vigo

El BNG reclama compromisos para blindar la continuidad de Conxemar en Vigo y acoger la oficina de la FAO

A fronte nacionalista esixe cooperación de todas as Administracións públicas para garantir o futuro deste evento de referencia, tras manter unha xuntanza co presidente e coa directora xeral de Conxemar

Anuncia iniciativas diante da falla de avances para albergar a oficina da Organización das Nacións Unidas para a Alimentación, entre elas, unha declaración institucional do Concello de Vigo

 

Na mesma liña, a eurodeputada nacionalista anunciou que vai trasladar a importancia desta feira ao ministro español de Pesca, Luis Planas, que estará presente na vindeira Comisión de Pesca do Parlamento europeo. “Conxemar debe ter o apoio que merece como unha das feiras máis importantes do mundo en materia pesqueira”, salientou Miranda. E tamén no Parlamento galego para instar á Xunta a que se comprometa de verdade con este evento, que representa un sector “chave” para Vigo e para Galiza.

Oficina da FAO en Vigo

Outro dos asuntos tratados na xuntanza tivo a ver coa posibilidade de que Vigo acolla unha oficina da FAO. Dende o BNG lamentaron nese sentido a falla de avances nunha cuestión que cualificaron como “moi relevante” para unha cidade como Vigo, cun dos principais portos pesqueiros a nivel mundial. “É o momento de pasar das palabras aos feitos, non abonda con declaracións de boas intencións”, afirmou Igrexas.

O portavoz municipal nacionalista anunciou que, entre outras iniciativas, o Bloque vai promover unha declaración institucional para que o Concello de Vigo envíe unha mensaxe “unánime e de cidade” para reclamar un compromiso decidido de todas as Administracións públicas, a principiar polo Goberno español, para albergar esta oficina da FAO. 

Deja una respuesta