Vigo, Galicia
Vigo

El BNG propone una Oficina de Apoyo al Alquiler en Vigo frente a los abusos en el acceso a la vivienda

A fronte nacionalista chama a protexer ás persoas inquilinas dende o Concello diante das crecentes esixencias e dificultades para o alugueiro por parte das e dos arrendadores

Xabier P. Igrexas: “Non podemos permitir que un dereito fundamental como é o acceso á vivenda continúe a estar truncado pola cobiza e polo abuso duns poucos”

video
play-sharp-fill

O Bloque Nacionalista Galego propón a posta en marcha dunha Oficina de Promoción e Apoio ao Alugueiro en Vigo fronte aos para acceder a unha vivenda. A fronte nacionalista chama a protexer ás persoas inquilinas dende o Concello diante das crecentes esixencias e dificultades para alugar un inmóbel na cidade por parte das e dos arrendadores.

“A unha situación absolutamente límite e insoportábel en Vigo, polos prezos imposíbeis e pola falla de alugueiros dispoñíbeis, engádense agora os cada vez maiores atrancos para acceder a unha vivenda”, alertou o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, acusando aos Gobernos galego e local de falla de políticas nesta materia, como demostra que non se teña dado ningún paso para facer realidade ningunha das medidas aprobadas polo Pleno en marzo a iniciativa do Bloque.

Igrexas advertiu de como as crecentes dificultades para alugar na cidade, algunhas delas ilegais, están a facer “imposíbel para a maioría social poder acceder a unha vivenda”. Entre elas, denunciou a esixencia de avais bancarios de até 12 mensualidades e seguros de impago, a solicitude de vidas laborais e nóminas, a demanda de máis meses de fianza do legalmente permitido, ausencia de contratos ou pagos en man e, incluso, a exclusión discriminatoria de persoas de baixos ingresos, racializadas e familias con crianzas.

“Diante destes abusos, desde o BNG cremos que é imprescindíbel e urxente que o Concello actúe con toda a firmeza, dentro das súas competencias urbanísticas, para protexer as persoas inquilinas”, defendeu o portavoz municipal nacionalista, quen trasladou este martes na Xerencia Municipal de Urbanismo a proposta de crear unha Oficina de Promoción e Apoio ao Alugueiro.Unha Oficina que, explicou, ofreza asesoramento gratuíto para persoas inquilinas na defensa dos seus dereitos perante as esixencias das persoas arrendadoras, xunto con información sobre axudas públicas para o alugueiro e accións de mediación en materia de vivenda, en colaboración coa existente Oficina Municipal de Información ao Consumidor e a Concellaría de Políticas Sociais. “Non podemos permitir que un dereito fundamental como é o acceso á vivenda continúe a estar truncado pola cobiza e polo abuso duns poucos”, remachou Igrexas.

Deja una respuesta

Hide picture