Vigo, Galicia
Galicia

El BNG lanza un vídeo de Nadal en el que avanza una Galicia mejor con Ana Pontón como presidenta

O BNG ven de difundir un vídeo de Nadal a través das súas redes sociais no que anticipa unha Galiza mellor con Ana Pontón como presidenta, liderando o goberno saído das urnas tras a celebración das eleccións galegas o 18 de febreiro.

O vídeo arranca no Nadal de 2023 cunha parella conversando sobre o proceso electoral que se aveciña, debaténdose entre o escepticismo e as posibilidades de abrir un tempo novo apostando polo cambio. A narración proxéctase ao futuro, ao Nadal de 2024, nunha Galiza que xa nota a transformación en positivo das medidas adoptadas polo novo goberno galego con Ana Pontón como presidenta.

Cambios en positivo que se traducen na vivenda, na sanidade, no coidado das persoas maiores ou nas posibilidades da xente moza para volver ao País. O vídeo remata cunha breve aparición da propia líder do BNG e candidata á Presidencia convidando a confiar e a mirar o futuro con optimismo.

O vídeo rodado en Santiago, conta coa participación das actrices Loaira Sánchez, Rubén Prieto e Beatriz Campos.

Deja una respuesta

Hide picture