Vigo, Galicia
Vigo

El BNG denuncia la “política de brazos caídos” de Caballero ante lo grabe problema de la vivienda en Vigo

  • A fronte nacionalista reprocha que non se teña executado ningún dos acordos para frear a escalada dos alugueiros, recollidos na moción do Bloque aprobada polo Pleno en marzo
  • Pregunta ao Goberno local polo resultado do estudo sobre os prezos da vivenda anunciado en maio como paso previo á solicitude de declaración de zonas tensionadas

Xabier P. Igrexas: “Canto máis teñen que subir os prezos para que o alcalde actúe?”

video
play-sharp-fill

 O Bloque Nacionalista Galego denuncia a “política de brazos caídos” do Goberno de Abel Caballero diante do grave problema de acceso social á vivenda en Vigo. A fronte nacionalista reprocha que non se teña executado ningunha das medidas para frear a escalada dos alugueiros que viñan recollidas na moción do Bloque aprobada polo Pleno municipal o pasado mes de marzo.

Así o criticou este martes o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, alertando de que a situación continúa a agravarse cun prezo medio do alugueiro que xa supera en Vigo os 645 euros mensuais, segundo datos do Instituto Galego de Vivenda e Solo. Nos últimos doce meses, a suba foi do 7,76% e, no último lustro, do 30,45%.

“Canto máis teñen que subir os prezos para que Caballero actúe? Cantas familias e mocidade teñen que ser expulsadas da cidade por non poder permitirse un alugueiro? A que espera exactamente o Goberno municipal?”, cuestionou Igrexas, chamando a “actuar xa con toda a determinación” para garantir o dereito das viguesas e dos vigueses a poder habitar na súa propia cidade.

Sen noticias do estudo sobre os prezos

Sobre esta cuestión interpelou o portavoz nacionalista á concelleira María José Caride no Consello da Xerencia de Urbanismo celebrado este martes. Igrexas preguntou cando se vai facer público o resultado do estudo sobre os prezos da vivenda, anunciado o pasado mes de maio, como paso previo á solicitude de declaración de zonas tensionadas para poder aplicar medidas, previstas na nova Lei de vivenda, para limitar os prezos.

“A resposta dada por Caride volve confirmar a falla de vontade do Goberno municipal, xa que non foi capaz despois de 6 meses nin de sinalar un prazo ou horizonte temporal para que o Concello dispoña dese estudo”, lamentou o voceiro do Bloque. Unha falla de resposta que, a xuízo das nacionalistas, demostra que se trata dunha “medida aparencial para ocultar a patada para adiante” do Goberno de Caballero co problema de vivenda.

Deja una respuesta

Hide picture