Vigo, Galicia
Vigo

El BNG de Vigo rechaza la subida de casi un 20% del precio de las tarifas bonificadas del bus urbano

  • A fronte nacionalista insta ao alcalde a esixir do Ministerio de Transportes o mantemento das subvencións ou a mobilizar recursos municipais para manter as actuais tarifas
  • Celebra a rectificación do alcalde ao anunciar a gratuidade para menores de  até 14 anos despois de rexeitar, desde 2019, a proposta das nacionalistas pero pide estendela a persoas desempregadas e de baixos recursos

Xabier P. Igrexas: “Vigo xa ten os prezos de bus máis caros de todas as cidades galegas e dos máis elevados do conxunto do Estado”

video
play-sharp-fill

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) de Vigo expresou publicamente hoxe o seu rexeitamento á nova suba de tarifas do servizo de bus urbano da cidade de Vigo, prevista para o vindeiro mes de xuño.

O portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, alertou a nova suba suporá un incremento  de preto do19,5% na tarifa bonificada coa Pass Vigo que se engadirá ao aumento aplicado a inicios deste ano que, lembra, xa foi o dobre do IPC.  Igrexas rexeita o encarecemento dun servizo esencial,cuxas tarifas xa son as máis altas entre as cidades galegas e das máis elevadas do Estado, e esixe ao Goberno de Abel Caballero que actúe para evitar o encarecemento e priorice a accesibilidade do transporte público.

Nese sentido, o portavoz municipal nacionalista, instou ao alcalde a esixirdo Ministerio de Transportes o mantemento das subvencións estatais que bonifican as tarifas. “Pedímoslle a Caballero que faga uso da ‘liña directa’ con Moncloa da que tanto presume para evitar un novo sablazo no billete de bus”, reclamou Igrexas, subliñando o interese público como servizo esencial e a súa importancia estratéxica para “avanzarmos cara a unha cidade máis sustentábel a nivel ambiental, reducindo o uso do vehículo particular”.Nese obxectivo a fronte nacionalista brinda todo o seu apoio e colaboración para exercer a presión institucional necesaria sobre o Ministerio de Transportes.

Con todo, Igrexas, lembrou que “o Concello ten recursos suficientes para conxelar as tarifas”. A tal fin, desde o BNG propoñen ao Goberno municipal que acometa unha modificación orzamentaria urxente para redirixir os 1,2 millóns de euros destinados a subvencionar aeroliñas en Peinador a financiar o transporte público que usan diariamente as viguesas e vigueses. Unha partida que, explican, podería ser suplementada mobilizando parte dos 200 millóns de remanentes municipais.

Celebran a rectificación

Por outra parte, Igrexas celebrou a rectificación do Goberno local, que tras cinco anos rexeitando a proposta do BNG vén de anunciar a gratuidade do bus para menores de até 14 anos de idade.

No entanto, demandan alargar esta medida a persoas desempregadas, perceptoras do RISGA, IMV e outros subsidios de substencia, así como corrixir a “inxustiza” de que o estudantado non universitario pague un 25% máis caro o bus que o da Universidade de Vigo. “Máis vale tarde que nunca, pero hai que ir máis alá para facer o transporte público verdadeiramente accesíbel”, enfatizou.

Un saúdo.

Deja una respuesta

Hide picture