Vigo, Galicia
Uncategorized

El BNG de Vigo pide a Xunta y Ayuntamiento que dejen la confrontación en Ifevi y Caballero insiste en la polémica

A fronte nacionalista lamenta que PP e PSOE antepoñan os seus intereses partidistas aos da cidade, ameazando os investimentos para o instituto feiral e a continuidade de Conxemar

Xabier P. Igrexas: “É incomprensíbel e irracional que unha disputa sobre as achegas de cada administración ao Ifevi poida provocar este perigosísimo punto morto”

video
play-sharp-fill

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) demanda un acordo para a ampliación do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) despois do novo episodio de confrontación institucional entre a Xunta e o Concello. A fronte nacionalista tacha de “disparate” o fogo cruzado de acusacións entre ambos gobernos que —advertiu este martes o portavoz municipal do Bloque, Xabier P. Igrexas— ameaza os investimentos para potenciar o recinto e para blindar a continuidade dunha feira de relevancia mundial como Conxemar.

Igrexas afeou o “xogo temerario e irresponsábel” tanto do Executivo galego do PP como do Goberno municipal do PSOE por antepoñer, outra vez, os seus intereses partidistas aos da cidade. “É incomprensíbel e irracional que unha disputa sobre as achegas de cada administración ao Ifevi poida provocar este perigosísimo punto morto”, lamentou o voceiro nacionalista, instando a ambas administracións a facer efectivo o principio de acordo do pasado novembro para a entrada da Zona Franca no Padroado do Ifevi xunto con 18 millóns de euros comprometidos para a mellora do recinto feiral.

Dende o Bloque consideraron “estratéxica” a ampliación do Ifevi tanto para blindar a continuidade da feira Conxemar, que mobiliza preto de 250 millóns de euros en cada edición, como para potenciar Vigo como destino referente no turismo MICE (de congresos e feiras) que xera un enorme valor engadido e un importante retorno económico na urbe.

Por estes motivos, o portavoz municipal do BNG demandou aos Gobernos galego e municipal que centren os esforzos en chegar a un acordo para desbloquear os investimentos da Zona Franca e para que o instituto feiral teña un funcionamento baseado no consenso e na cooperación. “O BNG facemos un chamado á responsabilidade para que prevalezan os intereses da cidade por acima doutras cuestións”, defendeu Igrexas.

Sobre os motivos do desacordo entre Xunta e Concello, dende o Bloque demandaron ao alcalde que solicite a elaboración dun informe da Intervención Municipal para determinar as achegas realizadas por cada administración, ou mesmo recorrer a un auditor externo. “Caballero di que os datos da Xunta son disparatados, e sen negar que o sexan, cómpre un informe que contrapoña esta valoración”, dixo o voceiro nacionalista.

Con todo, Igrexas considerou un “verdadeiro disparate” que esta confrontación “máis testosterónica que política” teña paralizado os investimentos. “Pedimos a PP e PSOE que deixen de xogar de maneira frívola co futuro do Ifevi, urxen menos declaracións incendiarias e máis vontade construtiva e de xestión”, remachou.

Deja una respuesta

Hide picture