Vigo, Galicia
Política Vigo

El barrio de Teis sigue sin biblioteca después de 9 años de promesas y anuncios de Caballero

A veciñanza participou esta mañá no acto convocado pola  Asociación Veciñal de Teis e as Anpas de Teis, diante do antigo edificio do ambulatorio de Teis, para conmemorar o día do libro.

Neste acto tamén reivindicouse a  construción da  biblioteca con libros en Teis anunciada por Abel Caballero, Alcalde de Vigo, desde hai 9 anos.

No acto distribuíuse  libros de balde entre a veciñanza para fomentar o uso da lectura entre a veciñanza de Teis e  tivemos unha torta cunha candea  para lembrar  os 9 anos da anunciada biblioteca por parte de Abel Caballero.

Desde Asociación e as Anpas, levamos anos reivindicando que Teis necesita unha biblioteca, no edificio que ocupaba o antigo centro de saúde na rúa Enrique Lorenzo, pechado desde o ano 2000, cunha superficie de 1000 metros cadrados, se destinase para biblioteca entre outros usos dotacionais.

Defendemos que neste edificio acolla unha biblioteca, ludoteca e local xuvenil. Queremos que  este edificio conte con libros, e non se limite a unha simple sala de lectura, como figura na documentación do Concello de Vigo.

O goberno municipal leva anos anunciando a remodelación deste edificio, o último anuncio é que as obras comezarían en 2021 para estar en funcionamento en 2022, pero a día de hoxe aínda non comezaron as obras e non coñecemos  cal é o proxecto para este edificio. 

Deja una respuesta

Hide picture