Vigo, Galicia
Vigo

El Área Sanitario de Vigo recuerda que la higiene de manos salva vidas.

Na Xornada mundial da Hixiene de Mans que se conmemora mañá, os expertos reiteran que a súa correcta hixienización é unha ferramenta fundamental na loita contra as infeccións

A última auditoría do Servizo Galego de Saúde reflicte que a Área Sanitaria de Vigo experimentou unha melloría dun 15,25% na porcentaxe de realización de hixiene de mans correctas con respecto ao 2019

A subdirección de Enfermaría organizou un Concurso para motivar e concienciar ao persoal da importancia desta medida preventiva fronte á transmisión de infeccións

Un ano máis, a Área Sanitaria de Vigo súmase á celebración da Xornada Mundial de Hixiene de Mans, que se conmemora mañá, e que nesta edición se desenvolve baixo o lema “Aceleramos a acción entre todos. Salva vidas, limpa as mans”.

A hixiene de mans continúa representando unha ferramenta fundamental na loita contra as infeccións. Un correcto lavado protexe fronte aos contaxios e prevén a diseminación de microorganismos multirresistentes asociados á asistencia sanitaria. Hai que lembrar que a hixiene de mans salva millóns de vida cada ano cando se realiza correctamente e no momento axeitado durante a prestación da atención á saúde .

Segundo as auditorías de Hixiene de Mans do Servizo Galego de Saúde realizadas na Área Sanitaria de Vigo, no pasado ano experimentouse unha melloría dun 15,25% na porcentaxe de realización de hixiene de mans correctas con respecto ao 2019.

Segundo explica a subdirectora de Enfermaría, Dolores Muíños “nesta liña temos que seguir traballando xa que, aínda que avanzouse de xeito moi significativo na concienciación e necesidade dunha correcta hixienización das mans, aínda hai marxe de mellora. A hixiene de mans é cousa de todos e implica a todas as categorías profesionais, e xuntos podemos acelerar a acción para evitar infeccións e construír unha cultura de seguridade e calidade“ .

II Concurso para o persoal

Entre as múltiples actividades que se desenvolverán – coordinadas pola subdirección de Enfermaría, o servizo de Medicina Preventiva e a Unidade de Calidade de Coidados- cabe subliñar a convocatoria da segunda edición do Concurso “Día Mundial da Hixiene de Mans”, dirixido a todos e todas as profesionais da Área Sanitaria de Vigo.

Como o pasado ano, utilizouse a Gamificación (ou ludificación) coma estratexia de aprendizaxe. Trátase de transmitir unha mensaxe ou uns contidos de cara a cambiar un comportamento, a través dunha experiencia lúdica que propicie a motivación.

O Concurso consiste nun cuestionario on line con varias preguntas relativas á correcta hixienización das mans. O premio será rifado nun sorteo público entre todos os acertantes.

Grazas ao patrocinio da Federación de Empresarios de Turismo e Hostalería da provincia de Pontevedra e ao establecemento hoteleiro Attica 21, xunto coa colaboración de El Corte Inglés, o gañador poderá desfrutar dunha “Escapada relax” con estadía para dúas persoas no devandito hotel Attica 21.

Participación de Atención Primaria e Hospitalaria

A maiores do Concurso, tamén levaranse e a cabo outras accións nas que participarán varios servizos sanitarios, tanto de Primaria -centros de saúde de A Cañiza e Nicolás Peña- como diferentes Unidades de hospitalización, entre as que pódese subliñar os pacientes e profesionais de Rehabilitación Psiquiátrica do hospital Nicolás Peña; ademais dos alumnos da Escola Universitaria de Enfermaría do Meixoeiro.

Neste senso, o alumnado da Escola de Enfermaría fará demostracións dun correcto lavado de mans nas Unidades de Hospitalización; instalaranse mesas informativas nos diferentes centros sanitarios e difundiranse vídeos explicativos nos monitores do hospital.

Deja una respuesta

Hide picture