-Baixo o lema “A vía máis fácil: Oral”, o Comité de Infeccións e Política Antimicrobiana desenvolve diferentes actuacións para conmemorar a Semana Mundial de Concienciación sobre o Uso dos Antimicrobianos
-Trátase de concienciar sobre a importancia de priorizar, cando sexa posible, a vía oral sobre a vía endovenosa
-O tratamento por vía oral ofrece resultados clínicos equivalentes ao intravenoso, ao tempo que reduce a duración da estancia hospitalaria e diminúe as complicacións asociadas
A Área Sanitaria de Vigo súmase á Semana Mundial de Concienciación sobre el Uso de los Antimicrobianos, que se desenvolve co obxecto de promover un uso máis adecuado dos antibióticos. Así, baixo o lema “A vía máis fácil: Oral” preténdese concienciar sobre a importancia de priorizar, cando sexa posible, a vía oral sobre a vía endovenosa.
Os antibióticos constitúen un dos grupos de medicamentos máis utilizados en distintas especialidades médicas. Sen embargo, o seu emprego non sempre é adecuado en canto á indicación, a dose, a vía de administración ou a duración do tratamento.
Esta utilización inadecuada non só repercute na evolución clínica dos pacientes, senón que tamén ten consecuencias a nivel epidemiolóxico, ao ser un factor determinante no aumento da resistencia aos antimicrobianos.
Segundo afirma a a coordinadora do Comité de Infeccións e Política Antimicrobiana, a doutora María Teresa Pérez, “diversos estudos científicos recentes teñen demostrado que na maioría das infeccións, o tratamento por vía oral ofrece resultados clínicos equivalentes ao tratamento intravenoso, ao tempo que reduce a duración da estancia hospitalaria, diminúe as complicacións asociadas ao uso de vías e contribúe a reducir a pegada de carbono”.
Redución á metade da estadía hospitalaria
Por outro lado, o equipo PROA hospital (Programa de Optimización de Uso dos Antibióticos) iniciou xa no pasado ano xuntanzas colaborativas con diferentes servizos hospitalarios. Estas reunións permitiron identificar áreas de mellora no uso de antibióticos, destacando a importancia de priorizar a vía oral cando sexa posible. Diferentes publicacións, algunhas realizadas no propio hospital, demostraron que a vía oral é segura e eficaz, incluso no tratamento dalgunhas infeccións de maior complexidade.
“A pesar dos avances logrados, persiste a crenza de que a administración de antibióticos por vía endovenosa é máis eficaz que por vía oral, unha idea que se está traballando activamente para superar a través da evidencia científica dispoñible. De feito, temos constatado que esta vía de administración reduce á metade a estancia hospitalaria dos pacientes; nun estudo realizado no Álvaro Cunqueiro, a estadía reduciuse de 36 a 18 días, coa mesma eficacia. ”
Accións dos equipos PROA
Desde os equipos PROA da Área Sanitaria de Vigo, tanto do ámbito comunitario como hospitalario, estanse levando a cabo diversas actividades para promover o uso responsable destes tratamentos.
O pasado ano, o equipo PROA Comunitario conseguiu a autocertificación do Plan Nacional fronte á Resistencia aos Antibióticos (PRAN).
A Área Sanitaria de Vigo conta con referentes PROA en todos os Servizos de Atención Primaria, responsables de formar e asesorar aos equipos sanitarios sobre as mellores prácticas en el uso de antibióticos.
Gracias a este traballo coordinado, a Área Sanitaria de Vigo presenta indicadores moi positivos no uso adecuado de antibióticos, destacando por unha tendencia sostida cara á utilización de medicamentos de espectro máis reducido.

