Vigo, Galicia
General Vigo

El área de salud de Vigo y las asociaciones de pacientes consolidan su cooperación

O xerente da Área presentou ao Consello Asesor de Pacientes as principais liñas de actuación e investimentos para o próximo ano

Vaise realizar un investimento de 34 M€ en infraestrutura e tecnoloxía sanitaria, tanto nos hospitais como nos novos centros de saúde de a atención primaria

Nos próximos meses o Chuvi contará con 6 novas Unidades: Enfermidades Raras, Necropsias, Hospitalización psiquiátrica infanto-xuvenil, Rehabilitación Cardíaca, Hospitalización a Domicilio e Maxilofacial

Entre as partidas orzamentarias máis importantes de Atención Primaria, cabe subliñar os 6 M€ para o CIS Olimpia Valencia ou os 5,9 millóns para a obra do novo centro de saúde de Moaña, entre outro

Os pacientes da Área Sanitaria de Vigo foron hoxe os protagonistas do debate sanitario xa que a xerencia convocou ao Consello Asesor de Pacientes a unha xuntanza co obxecto de presentarlle as principais liñas de actuacións, plans e investimentos para o próximo ano. Neste encontro, presidido polo xerente da Área, Javier Puente, tamén participaron a subdirectora de Humanización e Atención á Cidadanía, Mar de la Peña; e a directora científica do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, Eva Poveda.

O Consello Asesor de Pacientes, constituído por medio centenar de Asociacións de pacientes da área, é unha estrutura de participación e asesoramento da Comisión da Dirección. Foi creada no ano 2016 -sendo a primeira de Galicia e unha das poucas de España- co obxectivo de establecer as canles de comunicación necesarias para que a opinión dos pacientes sexa escoitada, así como os mecanismos de cooperación para mellorar a saúde e benestar da poboación.

“Hoxe en día é impensable realizar calquera tipo de política sanitaria, no ámbito asistencial ou da investigación, sen a participación activa dos pacientes. Por iso quero agradecervos a vosa implicación, xa que é fundamental que administración sanitaria, profesionais e pacientes vaiamos xuntos para seguir avanzando na mellora do sistema sanitario”, asegurou o xerente.

34 millóns de investimentos

Nesta xuntanza o xerente, Javier Puente, anuncioulles que a Xunta de Galicia prevé realizar uns investimentos de 34 millóns de euros na sanidade pública viguesa. Destes, 17,8 millóns irán dirixidos ao Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, e 16,2 millóns á Atención Primaria.

O investimento no Hospital Álvaro Cunqueiro ascenderá a 5,6 millóns de euros para executar as obras de reforma das diversas Unidades: a Unidade de Enfermidades Raras (xa licitada); a de Necropsias (xa licitada); a de Hospitalización psiquiátrica infanto-xuvenil (xa licitada); así como as novas Áreas de Rehabilitación Cardíaca e de Hospitalización a Domicilio (ambos proxectos xa adxudicados).

Ademais, o xerente anuncioulles tamén unha nova Unidade de Maxilofacial, que se localizará no hospital do Meixoeiro.

Os orzamentos tamén contemplan unha partida de 351.680 euros para a liquidación das obras de climatización do hospital do Meixoeiro, que concluirán a principios de ano.

Renovación alta tecnoloxía

A estas infraestruturas hai que engadirlle os recursos consignados para completar os pagos dos contratos licitados ao longo do 2022, a través dos fondos europeos Next Generation, e que supoñen un investimento de 12,2 millóns de euros para adquirir equipos de alta tecnoloxía. Así, estanse xa renovando e instalando 5 TACS, por un importe de 3,2 M €; 2 Resonancias Magnéticas, por 2,6 M€; 1 equipo PET-TC, por 2,5 M€; 1 equipo de Radioloxía Vascular, por 592.900€; 3 gammacámaras por 2 M€; e 2 salas hemodinámica, licitadas por 1,6 M€.

16 millóns para Atención Primaria

No referido á Atención Primaria, dos 16,2 M€ que se investirán nas obras de novos centros de saúde vigueses, a partida máis destacable son os 6 millóns de euros para iniciar a obra do Centro Integral de Saúde Olimpia Valencia, xa adxudicada.

Ademais, dentro da partida do Plan de Atención Primaria FEDER 21-27 están reservados 5,9 millóns de euros para o inicio da obra do novo centro de saúde de Moaña, xa licitada. Cabe subliñar tamén os 2,9 millóns destinados a rematar a obra de ampliación do centro de saúde de Porriño; 250.000 para o proxecto do novo centro de saúde de Mos (unha vez decidida a súa localización); 300.000 para a reforma do centro de saúde de Salvaterra, cuxo proxecto xa está adxudicado; e 200.000 para a reforma do centro de Crecente , cuxo proxecto tamén esta adxudicado.

Asemade, os Orzamentos tamén recollen unha partida de 500.000 euros para licitar os proxectos de novos centros de saúde contemplados no Plan de Infraestruturas de Atención Primaria cando os Concellos correspondentes acheguen ao Sergas unha parcela axeitada, como poderían ser os centros de Cangas de Morrazo ou o de A Garda.

2,2 millóns para Convenios con entidades locais

No proxecto de Orzamentos para 2023 tamén se reserva máis de 2,2 millóns de euros para transferencias a entidades da atención sociosanitaria, a saúde mental e de atención ás adiccións da Área sanitaria de Vigo. Neste senso, hai consignadas partidas específicas para convenios nominativos coa Asociación da Loita contra a Droga Alborada; Asvidal; Asociación de Axuda ao Toxicómano Érguete; ou a Asociación Avelaíña.

Segundo asegura o xerente da Área Sanitaria de Vigo, Javier Puente “estos investimentos, traduciranse en melloras significativas para a atención aos pacientes, xa que posibilitarán a dotación de novos recursos e tecnoloxía para seguir realizando importantes avances organizativos e asistenciais”.

Deja una respuesta

Hide picture