Vigo, Galicia
Vigo

El Álvaro Cunqueiro participa en la información de los síntomas de las enfermedades intestinales.

― Co motivo do Día Mundial das Enfermidades Intestinais, o Complexo Hospitalario Universitario de Vigo colabora con ACCU-Vigo na difusión ao público dos síntomas e efectos destas enfermidades

― Unha mesa informativa estivo ofrecendo divulgación sobre a Enfermidade de Crohn e a Colite Ulcerosa

O Complexo Hospitalario Universitario de Vigo colabora coa Asociación de Enfermos de Crohn e Colite Ulcerosa de Vigo (ACCU-Vigo) co gallo do Día Mundial das Enfermidades Intestinais, que se celebra hoxe. A tal efecto, e co fin de divulgar as particularidades desta enfermidade na poboación en xeral, ACCU-Vigo celebra unha serie de actos para estas datas, na que destaca a instalación dunha Mesa Informativa no Hospital Álvaro Cunqueiro que ao longo da mañá de hoxe informou a aquelas persoas que se achegaron ata ela das particularidades destas enfermidades inflamatorias crónicas que afectan ao aparello dixestivo.

Na mesa participaron, ademais de representantes de ACCU-Vigo, o xerente da Área Sanitaria de Vigo, Javier Puente, e o doutor Vicent Hernández, do servizo de Aparello Dixestivo e Investigador responsable do Grupo de Patoloxía Dixestiva do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur.

Esta celebración do Día Mundial das Enfermidades Intestinais terá unha acción divulgativa especial coa organización mañá sábado, 20 de maio, dun acto especial no parque infantil do parque municipal de Castrelos en Vigo, ás 18:30 horas.

Enfermidades crónicas con tratamento

A Enfermidade de Crohn e a Colite Ulcerosa son enfermidades inflamatorias crónicas que afectan ao aparello dixestivo, alternando os períodos de actividade e de remisión. Ademais dos síntomas dixestivos, poden aparecer tamén manifestacións articulares, no pel e noutros órganos como os ollos e o fígado. O síntoma principal en ambas enfermidades é a diarrea, que pode acompañarse de rectorraxia (sangue nas feces), principalmente na Colite Ulcerosa. Noutras ocasións, o síntoma é dor abdominal, anemia, perda de peso, febre e atraso do crecemento nos nenos.

A EII é unha enfermidade crónica de orixe descoñecida, que se é mal controlada pode evolucionar a un dano estrutural intestinal e complicacións. En ocasións, precisa ingresos hospitalarios e cirurxías, aínda que o obxectivo do tratamento é lograr a remisión (ausencia de síntomas) o máis rápido posible e mantela no tempo, o que se consegue na maior parte dos casos, pero con necesidade de tratamento crónico.

Unidade destacada

A Unidade de Enfermidade Inflamatoria Intestinal do servizo de Dixestivo do Álvaro Cunqueiro conta coa certificación de Excelencia na Atención Integral a pacientes con EII, que concede o Grupo Español de Traballo en Enfermidade de Crohn e Colite Ulcerosa (GETECCU). Trátase dun recoñecemento que sitúa ao hospital Álvaro Cunqueiro como centro de referencia e recoñece a calidade asistencial e investigadora desenvolta polos seus profesionais.

Deja una respuesta

Hide picture